Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 7090/26 (Dereitos fundamentais), interposto pola organización sindical de Facultativos de Galicia Independentes (O’Mega), contra a Orde do 25 de febreiro de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada pola organización sindical Facultativos de Galicia Independentes (O’Mega), que afectará o colectivo de facultativos de atención primaria a partir do 2 de marzo de 2026 (DOG núm. 39, do 27 de febreiro).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
