DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17194

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2026 pola que se conceden as axudas para o fortalecemento e a ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas tecnolóxicas e de investigación cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, convocadas pola Resolución do 31 de xullo de 2025 (código de procedemento IN607E).

missing image file

A Resolución do 31 de xullo de 2025 (DOG num. 158, do 20 de agosto) estableceu as bases reguladoras das axudas para o fortalecemento e ampliación das capacidades dos centros tecnolóxicos galegos mediante o apoio á creación e mellora de infraestruturas tecnolóxicas e de investigación cofinanciadas pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e procedeu á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN607E). Modificada pola Resolución da directora da Axencia Galega de Innovación, do 23 de setembro de 2025 (DOG núm. 186, do 26 de setembro), pola que se ampliaba o prazo de presentación de solicitudes. E posteriormente, modificada pola Resolución do 8 de xaneiro de 2026, co reaxuste de anualidades.

Os artigos 2 e 3 da convocatoria establecen os requisitos que deben cumprir, respectivamente, as entidades beneficiarias e as infraestruturas apoiadas para poder optar ás axudas.

Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes xunto coa documentación presentada logo dos requirimentos oportunos, o órgano instrutor admitiu todas as solicitudes e remitiunas ao persoal experto da Axencia Galega de Innovación para a súa avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 21 das bases reguladoras.

A Comisión de Selección prevista no artigo 20 das bases reguladoras reuniuse o 12 de xaneiro de 2026 e elaborou unha relación, por orde decrecente de puntuación, das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario. Esta relación inclúe a puntuación, a intensidade da axuda, a denominación da infraestrutura, o orzamento subvencionable e a subvención proposta.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle a persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación segundo o establecido no artigo 24.2 da convocatoria.

RESOLVO:

Conceder as axudas aos proxectos de infraestruturas de investigación que figuran no anexo I, por orde decrecente de puntuación.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa Feder Galicia 2021-2027; obxectivo político OP1 «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación; prioridade P1A «Transición dixital e intelixente»; obxectivo específico: RSO 1.1. «Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas»; liña de actuación 1.1.01. «Mellora das capacidades dos centros de I+D+i».

As axudas propostas imputaranse á aplicación orzamentaria 07.A2.561A.781.0 en que existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Expediente

Título do proxecto

Puntos

NIF

Entidade solicitante

Custo elixible total

%

intensidade axuda

Subvención total

Subvención

anualidade

2026

Subvención

anualidade 2027

Subvención

anualidade 2028

IN607E 2025/3

Infraestruturas de I+D para a mobilidade do futuro

67,9

G36871424

Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción (CTAG)

4.120.000,00 €

50

2.060.000,00 €

100.000,00 €

877.500,00 €

1.082.500,00 €

IN607E 2025/4

Centro de excelencia en economía circular

64,4

G70302427

Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial (Cetim)

6.240.018,00 €

50

3.120.009,00 €

1.354.739,50 €

1.167.922,50 €

597.347,00 €

IN607E 2025/1

Fortalecemento das infraestruturas de investigación

64,3

G36606291

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (Aimen)

622.700,00 €

50

311.350,00 €

311.350,00 €

0,00 €

0,00 €

IN607E 2025/2

Centro de experimentación avanzada UxV

63,2

G15305923

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG)

1.018.415,00 €

50

509.207,50 €

416.707,50 €

92.500,00 €

0,00 €