DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17187

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026 pola que se publica a Resolución do 26 de febreiro de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 14 de novembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT302F).

No Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 28 de novembro de 2025, publícase a Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT302F).

De conformidade co artigo 19.3 das bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 19.1.

Así mesmo, os artigos 11 e 19.4 das bases establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que determina que esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, logo da presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 26 de febreiro de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 26 de febreiro de 2026, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT302F), que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 26 de febreiro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2026

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Resolución do 26 de febreiro de 2026 de concesión das axudas convocadas
ao abeiro da Resolución do 14 de novembro de 2025, pola que se establecen
as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva,
a festivais de música e se convocan para o ano 2026
(código de procedemento CT302F)

Antecedentes administrativos:

1. Con data do 28 de novembro de 2025, DOG núm. 231, publícase a Resolución do 14 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT302F).

2. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes o día 29 de decembro de 2025, procédese ao estudo de todas as solicitudes recibidas (anexo I) xunto coa documentación complementaria presentada, e realízanse os pertinentes requirimentos.

3. Con data do 18 de febreiro de 2026 reúnese a Comisión Avaliadora, nomeada pola resolución da Dirección da Agadic, do día 10 de febreiro de 2026, para o estudo e a análise das solicitudes e a documentación complementaria que se se relacionan no anexo III, por seren as que cumpren co establecido nas bases da convocatoria.

4. O día 23 de febreiro de 2026, unha vez instruído o procedemento e entregado o informe preceptivo por parte da Comisión Avaliadora, a Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais (en diante, Agadic), como órgano instrutor, ditou unha proposta de resolución en que se indica o número de solicitudes presentadas, admitidas, inadmitidas e/ou desistidas, as solicitudes susceptibles de percibiren subvención e o importe económico que se propón para cada unha delas, así como as propostas para seren desestimadas por non acadaren a puntuación mínima exixida nas bases.

Consideracións legais e técnicas:

1. É competente para a resolución de concesión da axuda o presidente do Consello Reitor da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 18.2 da Resolución do 16 de decembro de 2021, que establece que o presidente do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164), deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data da proposta de resolución.

2. Todos os expedientes de solicitudes de subvencións a festivais de música ao abeiro da convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT302F) foron tramitados e estudados conforme as bases desta.

3. O día 18 de febreiro de 2026 reúnese a Comisión de Avaliación para cualificar as solicitudes conforme os criterios de valoración expresados no artigo 16 da convocatoria, e emite a súa acta e o correspondente informe.

4. Como resultado de todo o proceso, a Dirección da Agadic presenta a súa proposta de resolución o día 23 de febreiro de 2026, de conformidade co artigo 19 das bases reguladoras.

Por todo o anteriormente exposto, logo de examinar a proposta de resolución da Dirección de Agadic, e de conformidade con ela,

RESOLVO:

1. Inadmitir e dar por desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II polas causas que nel se indican.

2. Admitir as solicitudes que se relacionan no anexo III por cumpriren os requisitos establecidos pola convocatoria.

3. Concederlles a subvención, cos importes que se expresan, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo V.

4. Desestimar as solicitudes que se relacionan no anexo VI por non acadaren a puntuación mínima exixida nas bases reguladoras.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Agadic. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recuso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Esta resolución notificaráselle á entidade interesada, de xeito complementario á súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.

ANEXO I

Solicitudes presentadas

Nº expediente

Solicitante

NIF

Proxecto

CT302F2026/001

Raimundo Sanmartín Tizón

**3657***

Armonía Sons Festival-Vilarmaior

CT302F2026/002

Asoc. Cultura de Bar

G94196805

Castes The Musical

CT302F2026/003

Iván Freire Couce

**7159***

-

CT302F2026/004

Asoc. Sociocultural y Deportiva Over

G25894411

Overfest

CT302F2026/005

Indomable Fests, S.L.

B44611390

Mar NDMBL –Mar, Sol y Techno– porto de Miño

CT302F2026/006

Asoc. Ateneo de Santiago

B70161096

Oitava edición do Festival de música antiga e barroca. Ateneo barroco 2026

CT302F2026/007

Asociación Cultural Fanto Fantini

G27455872

Festival Osa do Mar 2026

CT302F2026/008

Asoc. Cultural O Castañazo

G27367135

Castañazo

CT302F2026/009

Asociacion Cultural Recreativa Deportiva Praia do Castelo

G15952195

22ª edición do Festival Castelo Rock

CT302F2026/010

Felicia Asoc. Cultural

G15806037

XXVII Felicia Pop Festival

CT302F2026/011

Asociación Cultural Galicia Fiddle

G94084456

Encordass Fiddle Fest

CT302F2026/012

Nordesía Produccións, S.L.

B15547235

Mare, Músicas e Artes Atlánticas

CT302F2026/013

Asociación Cultural Cherinkas

G15698079

Asalto ao castelo de Vimianzo 2026

CT302F2026/014

Asoc. Cedeirart

G70734496

Festival de ópera, música de cámara e música moderna

CT302F2026/015

The Wild

G27867076

The Wild Fest 2026-VIII edición

CT302F2026/016

Asociación Millo Verde

G36590800

Festival alternativo Millo Verde

CT302F2026/017

A Casa das Redes, S. Coop Galega

F75415836

Festa Raxada

CT302F2026/018

Correveydile, S.L.

B70493051

Electrofauna 4ª edición

ANEXO II

Solicitudes inadmitidas e desistidas

– Inadmitidas.

Nº expediente

Solicitante

NIF

Proxecto

Causa de inadmisión

CT302F2026/003

Iván Freire Couce

**7159***

-

Artigo 2.1 e 4.c) e e)

CT302F2026/004

Asoc. Sociocultural y Deportiva Over

G25894411

Overfest

Artigo 2.1 e 4.b) e c)

CT302F2026/017

A Casa das Redes, S. Coop. Galega

F75415836

Festa Raxada

Artigo 4.b) e f)

– Desistidas.

Nº expediente

Solicitante

NIF

Proxecto

Causa de desistencia

CT302F2026/001

Raimundo Sanmartín Tizón

**3657***

Armonía Sons Festival-Vilarmaior

Artigo 8.2 bases

CT302F2026/002

Asoc. Cultura de Bar

G94196805

Castes The Musical

Artigo 8.2 bases

CT302F2026/007

Asociación Cultural Fanto Fantini

G27455872

Festival Osa do Mar 2026

Artigo 8.2 bases

CT302F2026/010

Felicia Asoc. Cultural

G15806037

XXVII Felicia Pop Festival

Artigo 8.2 bases

CT302F2026/012

Nordesía Produccións, S.L.

B15547235

Mare, Músicas e Artes Atlánticas

Desistencia expresa, escrito do 9 de febreiro

ANEXO III

Solicitudes admitidas para seren avaliadas pola Comisión de Avaliación

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Proxecto

CT302F2026/005

Indomable Fests, S.L.

B44611390

Mar NDMBL –Mar, Sol y Techno– porto de Miño

CT302F2026/006

Asoc. Ateneo de Santiago

G70161096

Oitava edición do Festival de música antiga e barroca. Ateneo barroco 2026

CT302F2026/008

Asoc. Cultural O Castañazo

G27367135

Castañazo

CT302F2026/009

Asociación Cultural Recreativa Deportiva Praia do Castelo

G15952195

22ª edición do Festival Castelo Rock

CT302F2026/011

Asociación Cultural Galicia Fiddle

G94084456

Encordass Fiddle Fest

CT302F2026/013

Asociación Cultural Cherinkas

G15698079

Asalto ao castelo de Vimianzo 2026

CT302F2026/014

Asoc. Cedeirart

G70734496

Festival de ópera, música de cámara e música moderna

CT302F2026/015

The Wild

G27867076

The Wild Fest 2026-VIII edición

CT302F2026/016

Asociación Millo Verde

G36590800

Festival alternativo Millo Verde

CT302F2026/018

Correveydile, S.L.

B70493051

Electrofauna 4ª edición

ANEXO IV

Solicitudes por orde de prelación segundo a puntuación obtida

Nº expediente

Solicitante

NIF

Proxecto

Valoración

automática

Valoración

técnica

Total

CT302F2026/015

The Wild

G27867076

The Wild Fest 2026-VIII edición

27,00

28,33

55,33

CT302F2026/011

Asociación Cultural Galicia Fiddle

G94084456

Encordass Fiddle Fest

25,00

30,33

55,33

CT302F2026/013

Asociación Cultural Cherinkas

G15698079

Asalto ao castelo de Vimianzo 2026

25,00

29,33

54,33

CT302F2026/016

Asociación Millo Verde

G36590800

Festival alternativo Millo Verde

24,00

26,00

50,00

CT302F2026/008

Asoc. Cultural O Castañazo

G27367135

Castañazo

22,00

26,00

48,00

CT302F2026/009

Asociación Cultural Recreativa Deportiva Praia do Castelo

G15952195

22ª edición do Festival Castelo Rock

20,00

25,67

45,67

CT302F2026/006

Asoc. Ateneo de Santiago

G70161096

Oitava edición do Festival de música antiga e barroca. Ateneo barroco 2026

18,00

24,33

42,33

CT302F2026/018

Correveydile, S.L.

B70493051

Electrofauna 4ª edición

16,00

26,33

42,33

CT302F2026/005

Indomable Fests, S.L.

B44611390

Mar NDMBL –Mar, Sol y Techno– porto de Miño

21,00

12,33

33,33

CT302F2026/014

Asoc. Cedeirart

G70734496

Festival de ópera, música de cámara e música moderna

18,00

11,33

29,33

ANEXO V

Solicitudes subvencionadas e importe concedido

Nº expediente

Solicitante

NIF

Proxecto

Contía solicitada

Contía proposta

CT302F2026/015

The Wild

G27867076

The Wild Fest 2026-VIII edición

11.500,00 €

11.157,02 €

CT302F2026/011

Asociación Cultural Galicia Fiddle

G94084456

Encordass Fiddle Fest

12.000,00 €

11.250,00 €

CT302F2026/013

Asociación Cultural Cherinkas

G15698079

Asalto ao castelo de Vimianzo 2026

12.000,00 €

12.000,00 €

CT302F2026/016

Asociación Millo Verde

G36590800

Festival alternativo Millo Verde

11.021,00 €

9.918,90 €

CT302F2026/008

Asoc. Cultural O Castañazo

G27367135

Castañazo

12.000,00 €

12.000,00 €

CT302F2026/009

Asociación Cultural Recreativa Deportiva Praia do Castelo

G15952195

22ª edición do Festival Castelo Rock

5.900,00 €

5.310,00 €

CT302F2026/006

Asoc. Ateneo de Santiago

G70161096

Oitava edición do Festival de música antiga e barroca. Ateneo barroco 2026

12.000,00 €

11.870,10 €

CT302F2026/018

Correveydile, S.L.

B70493051

Electrofauna 4ª edición

12.000,00 €

6.493,98 €

ANEXO VI

Solicitudes desestimadas por non superar a puntuación mínima
exixida no artigo 17 das bases reguladoras

Nº expediente

Solicitante

NIF

Proxecto

Valoración

automática

Valoración

técnica

Total

CT302F2026/005

Indomable Fests, S.L.

B44611390

Mar NDMBL –Mar, Sol y Techno– porto de Miño

21,00

12,33

33,33

CT302F2026/014

Asoc. Cedeirart

G70734496

Festival de ópera, música de cámara e música moderna

18,00

11,33

29,33