Primeiro. A Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do Programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2025 (DOG núm. 95, do 20 de maio), prevé o seu financiamento no Programa III a través das aplicacións orzamentarias 14.04.324C.470.4 e 14.04.324C.481.4, ambas as dúas no proxecto con código 2018 00099, cun crédito de 22.700.000 e 1.700.000 euros, respectivamente.
Posteriormente realizouse unha ampliación do crédito destinado a esta convocatoria por importe de 4.124.888,99 euros e destino na aplicación 14.04.324C.470.4 (DOG núm. 224, do 19 de novembro de 2025).
Segundo. O artigo 4.2 da Orde do 16 de maio de 2025 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.
Terceiro. A disposición derradeira primeira da Orde do 16 de maio de 2025 establece que se faculta a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde. En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito das aplicacións orzamentarias 14.04.324C.470.4 e 14.04.324C.481.4, proxecto 2018 00099, ao abeiro da Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do Programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Conseguintemente, unha vez esgotado o crédito, non resultará de aplicación a posibilidade de outorgar os complementos a que se refire o artigo 58.3 da Orde do 16 de maio de 2025.
A derradeira solicitude da anualidade de 2025 que reuniu os requisitos e/ou a documentación requirida e que, polo tanto, se puido conceder antes do esgotamento do crédito, tivo entrada o día 18 de decembro de 2025, ás 10.43 horas.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
