DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17184

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2026 pola que se dá publicidade da encomenda de xestión das consellerías da Xunta de Galicia a favor da Consellería de Sanidade, para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal do persoal empregado público da Comunidade Autónoma de Galicia incluído no réxime do mutualismo administrativo (Muface/Mugeju).

De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da seguinte encomenda coas seguintes características:

– Acordo do 24 de febreiro de 2026 de encomenda de xestión das consellerías da Xunta de Galicia a favor da Consellería de Sanidade, para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal do persoal empregado público da Comunidade Autónoma de Galicia incluído no réxime do mutualismo administrativo (Muface/Mugeju).

– Actividade: para acadar unha maior eficiencia na racionalización da incapacidade temporal, desenvolverase un programa especial de inspección e control dela por parte dos servizos de Inspección de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade, que implicará a colaboración necesaria entre as unidades de xestión do persoal de cada consellería e as unidades de inspección e control de saúde laboral dos departamentos territoriais da Consellería de Sanidade.

– Natureza e alcance das funcións encomendadas: ten natureza de encomenda intrasubxectiva, segundo o disposto no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro.

– Financiamento: a realización das actividades necesarias para a execución desta encomenda efectuase sen contraprestación.

– Prazo de vixencia: a encomenda producirá efectos a partir do mesmo día da súa sinatura e manterá a súa vixencia por 4 anos, e poderá ser prorrogada por períodos anuais mediante acordo expreso das partes. Non obstante, dará soporte ás accións que, en relación co seu obxecto, se desenvolvan desde o 1 de xaneiro de 2026.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade