De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes instruídos que se relacionan no dito anexo de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado neste Departamento Territorial de Vigo.
Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 09.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de 1ª Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás ditas resolucións administrativas, desde o día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 19 de febreiro de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Nº expedientes: 2024/147-36 y 2024/148-36.
Persoa interesada: 53188583W.
Actos que se notifican: resolucións administrativas do 31 de outubro de 2025.
Efectos xurídicos que producen as resolucións: mantemento das medidas administrativas.
