DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2025/341-1).

Expediente: IN407A 2025/341-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Soterramento LMTA e ampliación de potencia CT 15ACQ3-concello de Carballo.

Concello: Carballo.

1. Características técnicas.

Novo CT no lugar de Casas Novas, prefabricado compacto telecontrolado 2L+1P de 250 kVA/15 kV con envolvente exterior de formigón e manobra exterior. Retirada do actual CT Moucho Punal (15ACQ3) (expediente 26777).

Entroque para alimentación do novo CT na liña de media tensión CBL701B, a 15 kV, entre a derivada a CT Asenado (15AK7) e a derivada a CT Moucho (15ASK). Condutor de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240), sendo necesario intercalar un apoio de fin de liña tipo C-2000-14 na parcela con referencia catastral 15019A090001300000IA e a substitución do apoio HV-630-14 con matrícula A288CP88//C13-12-15 por un novo de fin de liña tipo C-2000-16 na parcela con referencia catastral 15019A088001870000ID. Sotérrase o tramo da liña de media tensión aérea existente entre ambos os apoios e realízase a entrada e saída no centro de transformación proxectado.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que se omitisen. Poderán examinar a documentación técnica e, se for o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 13 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Carballo

Nº parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

2

Lg. Casas Novas

8750203NH2855S0001YI

Urbana

Herdeiros de María Hermosinda Camean Tome

CT

19,23

3

Lg. Paraíso

15019A088001870000ID

Rústico

Antonio Loureiro Camean

Apoio 2

2,28

6,83

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot:. lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.