DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2026/013-1).

Expediente: IN407A 2026/013-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT novo barrio Deán.

Concello: Ribeira.

1. Características técnicas.

– Instalación dun novo CT compacto 2L+1P 250 kVA/20 kV, alimentado pola liña de media tensión PMR802 a 20 kV procedente da subestación Palmeira e desde a cal se alimentará a rede de BT existente mediante dúas saídas. O centro de transformación situarase na parcela con referencia catastral 15074A00601755, situada no lugar de Deán Pequeno, parroquia de Santa Eugenia.

– Instalación dun novo apoio C-16/2000 intercalado entre os apoios 9I0MHC9T//D24 e 9HX44CMF//D24-1 existentes, pertencentes á LMT PMR802 (expte. IN407A 2016/2394-1), que tende o van anterior en novo condutor LA-56 con tense reducido, cunha lonxitude de 40 m, que comezará no apoio existente 9I0MHC9T//D24 e retensa o seu van posterior en condutor LAC-28 existente, entre o novo apoio proxectado e o apoio 9HX44CMF//D24-1. Instalación dun reconectador telecontrolado no novo apoio proxectado.

– Instalación de 629 m de condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) Al entre o PAS proxectado no novo apoio C-16/2000 para instalar e o CT proxectado.

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que se omitisen. Poderán examinar a documentación técnica e, se for o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 13 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Ribeira

Nº parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m²

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

2

Cunlleira 15074A00601029

Matogueira

Descoñecido/a

Acceso CT

20,71

Abreviaturas:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.