DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17255

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de Construcións Navais.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 16 de outubro de 2025 (BOE do 27 de octubro), para a provisión da praza número 25/035 de catedrática de universidade da área de coñecemento de Construcións Navais, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade, a favor de Laura Castro Santos, con DNI núm. ***6713**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Laura Castro Santos, catedrática de universidade da área de coñecemento de Construcións Navais, departamento de Enxeñaría Naval e Industrial desta universidade.

No prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de febreiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado