DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 10 de marzo de 2026 Páx. 17256

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión dunha praza vacante na relación de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, funcionario/a de carreira, Técnico/a de Atención á Diversidade, da escala técnica, subgrupo A2.

De conformidade co establecido na Resolución do 2 de xuño de 2025 pola que se aproba a oferta de emprego público de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) para o ano 2024, esta xerencia, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e dos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para o ingreso, mediante quenda libre, como persoal funcionario de carreira, Técnico/a de Atención á Diversidade, da escala técnica, subgrupo A2, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para a cobertura das seguintes prazas:

Denominación

Escala

Subgrupo

OEP 2024

Libre

Total

Técnico/a de Atención á Diversidade

Técnica

A2

1

1

1.2. O sistema de selección será o de concurso-oposición libre, coas características que se especifican no anexo I.

1.3. O temario que rexerá as probas selectivas é o que figura no anexo II.

1.4. A este proceso selectivo seralle de aplicación a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TREBEP); a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG); o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; os estatutos vixentes da UDC, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro, e demais normativa concordante, así como o disposto nesta convocatoria.

1.5. A convocatoria deste proceso selectivo publicarase no DOG e na sede electrónica da UDC. Toda a información do proceso selectivo que deba notificarse ás persoas aspirantes publicarase no taboleiro oficial da sede electrónica da UDC:
https://sede.udc.gal/services/electronic_board

1.6. Para os efectos de información e consultas, as persoas interesadas poden dirixirse por correo electrónico a servizo.pas@udc.gal

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para seren admitidas no proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e manter ata a data de toma de posesión, os seguintes requisitos:

a) Idade: ter feito 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

b) Nacionalidade: ser español/a, nacional dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro, nos termos previstos no artigo 52.1 da LEPG.

c) Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter a titulación exixida para o subgrupo correspondente.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

d) Capacidade funcional: non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das funcións e tarefas correspondentes.

Para estes efectos, toda persoa aspirante, ao asinar o impreso de solicitude, declara que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto a que aspira e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar ese traballo.

As persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade deberán ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, o día de finalización da presentación das solicitudes de participación.

e) Habilitación: non estar separado/a do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública, nin sancionado/a coa suspensión de dereito a concorrer a probas selectivas.

No caso de ser nacional doutro Estado aplicarase este requisito nos mesmos termos respecto do seu Estado de orixe.

f) Acreditación do castelán: as persoas aspirantes estranxeiras deberán acreditar, de ser o caso, o coñecemento do castelán de acordo co establecido na base 6 desta convocatoria.

g) Non poderá participar no proceso selectivo o PTXAS funcionario de carreira da UDC que xa pertenza á mesma escala obxecto desta convocatoria.

2.2. Acreditación da lingua galega: as persoas aspirantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega co certificado de competencia en lingua galega Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. De non acreditarse, deberán realizar unha proba eliminatoria de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega nos termos especificados no anexo I.

3. Solicitudes.

As persoas que desexaren tomar parte neste proceso selectivo deberán presentar:

3.1. Solicitude de participación.

A persoa aspirante que desexe tomar parte neste proceso selectivo deberá solicitalo a través do impreso que figura no anexo III destas bases, que tamén está dispoñible na páxina web da UDC: https://www.udc.gal/pas/impresos/

3.2. Prazo e lugar de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, que contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. As solicitudes, dirixidas á xerente da Universidade, poderán presentarse:

– A través do Rexistro electrónico ou nas oficinas de rexistro da UDC.

– A través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

A non presentación da solicitude en tempo e forma suporá a inadmisión da persoa aspirante.

3.3. Adaptacións de tempos e/ou medios.

As persoas aspirantes con discapacidade deberán indicar expresamente na solicitude o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente e achegar coa solicitude a documentación acreditativa correspondente.

Aínda que non se opte ou non se oferten prazas reservadas para persoas con discapacidade, no caso de necesitar adaptacións de tempos e/ou medios para a realización dos exercicios, deberán indicar o motivo e as necesidades de adaptación. A UDC poderá solicitar á persoa interesada o ditame técnico de adaptación do órgano competente.

3.4. Documentación complementaria á solicitude de participación.

A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou documento que acredite a súa nacionalidade, en vigor. No caso de non ser español/a ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea, ademais, deberá presentarse documentación acreditativa de cumprir o artigo 52.1 da LEPG e unha declaración responsable de que a persoa aspirante non está separada de dereito do/da seu/súa cónxuxe e, se é o caso, de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia da titulación académica requirida (non a fotocopia do pagamento taxas de expedición do título) ou documento expedido polo Ministerio de Educación, ou certificado de titulación de «A miña Carpeta ciudadá» cuxa ligazón permita verificar a súa autenticidade.

c) Acreditación do coñecemento do español, de acordo coa base 6, para os/as aspirantes estranxeiros/as.

d) Acreditación do coñecemento do galego de acordo coa base 2.2.

3.5. Xunto coa solicitude achegarase, ademais, o xustificante de pagamento das taxas por dereitos de exame, que serán as seguintes:

Subgrupo A2: 38,02 €.

Subgrupo C1: 33,13 €.

Subgrupo C2: 26,99 €.

Ingresaranse na conta corrente número ES76 0049-5030-15-2516011262 do Banco Santander, facendo constar no concepto o número do documento de identificación da persoa aspirante e as probas selectivas en que participa.

A falta de pagamento e a acreditación destes dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes determinará a exclusión definitiva das persoas aspirantes.

3.6. De acordo co artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas, total ou parcialmente, do pagamento aquelas persoas que acrediten documentalmente coa solicitude algunha destas circunstancias:

Exención do importe total da taxa:

– Discapacidade igual ou superior ao 33 %: certificado do grao de discapacidade.

– Familia numerosa categoría especial: certificado ou carné familiar en que conste a dita categoría.

– As persoas vítimas de violencia de xénero: acreditación a través de calquera das formas recollidas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. A identidade da persoa vítima de violencia de xénero protexerase ao longo de todo o proceso selectivo para o cal poderá establecerse un procedemento de pseudonimización dos seus datos identificativos, se así o indica na solicitude de participación do proceso selectivo.

Exención do 50 % do importe:

– Familia numerosa categoría xeral: certificado ou carné familiar en que conste a dita categoría.

– Vítima de terrorismo, cónxuxe ou persoa coa que convive con análoga relación de afectividade e fillos/as da persoas ferida ou falecida: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

– Demandante de emprego cunha antigüidade mínima de seis meses á data de publicación desta convocatoria no DOG e que non estea percibindo prestación ou subsidio por desemprego:

a) Certificación da oficina de emprego en que conste como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

b) Certificación do Servizo Público de Emprego en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está percibindo a prestación ou o subsidio de desemprego.

De non acreditarse debidamente a dita exención total ou parcial, a persoa aspirante quedará excluída ao non aboar os dereitos de exame e producirse con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3.7. Unicamente procederá a devolución da taxa por dereito de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas.

Será necesario presentar un escrito de solicitude de devolución de taxa no prazo de dous meses, que contarán a partir do día seguinte ao da publicación na sede electrónica das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. No escrito, dirixido ao Servizo de Persoal Técnico de Xestión e Administración e Servizos, deberá constar o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira e a súa localidade ou certificado expedido pola entidade financeira en que figuren eses datos.

A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra do prazo suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

3.8. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na súas solicitudes de participación e unicamente poderán solicitar a súa modificación mediante un escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2 para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e apreciada polo tribunal.

3.9. Para o cómputo de prazos, o mes de agosto será inhábil a todos os efectos.

4. Admisión das persoas aspirantes.

4.1. Unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, a xerente ditará unha resolución e declarará aprobadas as relacións provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, coa indicación das causas de exclusión que procedan e a exención ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega. Estas relacións publicaranse na sede electrónica da UDC.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren nas listaxes provisionais disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao da publicación da referida resolución, para alegar ou emendar o defecto que motivase a súa exclusión ou omisión. As reclamacións presentaranse nos lugares establecidos na base 3.2. De non realizar este trámite, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo.

4.3. Unha vez rematado o antedito prazo, a xerente ditará unha nova resolución coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o lugar e a data do primeiro exercicio, que se publicará na sede electrónica.

4.4. O feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulga que as persoas interesadas posúan os requisitos exixidos nestas bases, que deberán acreditar, no caso de superaren o proceso selectivo, de acordo co previsto na base 10. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que as persoas aspirantes non posúen algún dos requisitos, estas decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

4.5. Recurso contra a listaxe definitiva: contra a resolución de exclusión, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a xerente, no prazo dun mes, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados ambos os dous desde o día seguinte ao da súa publicación na sede electrónica, de conformidade coa lexislación vixente.

5. Tribunal.

5.1. Composición.

A composición do tribunal cualificador do proceso selectivo será publicada na sede electrónica cunha antelación de, polo menos, un mes respecto da data de inicio dos exercicios.

Os membros do tribunal deberán pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao exixido para participar no proceso selectivo.

O tribunal terá a categoría que lle corresponda segundo o Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no devandito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador, realizada segundo o disposto nesta base, implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros se poidan desprazar ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas.

A composición do tribunal axustarase ao principio de composición equilibrada entre mulleres e homes.

5.2. Abstención e recusación.

As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir, e así llo notificarán á xerente, cando concorran nelas circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP), ou participasen en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco (5) anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a poderá solicitar das persoas que formen o tribunal unha declaración expresa de que non se encontran incursas nalgunha das circunstancias previstas nesta base.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar as persoas integrantes do tribunal cando concorran nelas algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da LRXSP.

De perder algún membro do tribunal a súa condición, por algunha das causas previstas nesta base, a xerente publicará a resolución pola que se nomean os novos membros, con anterioridade ao comezo do proceso selectivo.

5.3. Para a constitución do tribunal, realización de sesións, deliberacións e toma de acordos requirirase a asistencia do/da presidente/a, do/da secretario/a ou, de ser o caso, daqueles/as que os/as substitúan, e, como mínimo, da metade dos seus membros.

De cada sesión que realice o tribunal, o/a secretario/a redactará unha acta, que se aprobará na mesma ou na seguinte sesión, co visto e prace do/da presidente/a.

5.4. Durante o proceso selectivo, o tribunal resolverá todas as dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas normas e determinará as actuacións convenientes nos casos non previstos, axustándose en todo momento ao disposto na LRXSP.

5.5. A xerente, por proposta do tribunal, poderá designar asesores/as especialistas. Estas persoas asesoras limitaranse a prestar colaboración naqueles exercicios relativos ás súas especialidades técnicas e seralles de aplicación o previsto na base 5.2.

5.6. O tribunal decidirá as adaptacións posibles en tempo e/ou medios para que aquelas persoas aspirantes con algunha discapacidade, que o soliciten na forma prevista na base 3.3, desfruten de similares condicións para realizar os exercicios que o resto das persoas aspirantes. Se, durante a realización do proceso selectivo, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir a confidencialidade, na fase de oposición, do contido dos exercicios. Os exames que sexan escritos, deberán ser corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/das aspirantes, polo que o tribunal excluirá aqueles/as opositores/as que consignen nas follas de exame marcas ou sinais que permitan coñecer a súa identidade. As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para conseguir a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás cales corresponden os resultados obtidos.

5.8. Contra as resolucións do tribunal e os seus actos de trámite poderá interpoñerse un recurso de alzada ante o reitor, nos termos previstos nos artigos 112.1, 121 e 122 da LPACAP.

5.9. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitorado da UDC (rúa Mestranza, 9, 15001 A Coruña).

5.10. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou o proceso selectivo un número superior de persoas aspirantes ao das prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito; malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, cando se produzan renuncias das persoas seleccionadas antes da toma de posesión, ou non acrediten os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan na lista ás persoas propostas para o seu posible nomeamento como persoal funcionario de carreira da escala correspondente.

6. Persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase da oposición, aquelas persoas que non posúan a nacionalidade española e non acrediten coa solicitude estaren en posesión do diploma de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou superior), do título de licenciatura ou grao equivalente en Filoloxía Hispánica ou Románica ou doutros títulos homologados ou certificacións, ou seren nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español, deberán realizar unha proba en que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE), para acreditar o nivel de competencia lingüística do idioma español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto/a ou non apto/a e será necesario obter a valoración de apto/a para realizar os seguintes exercicios da fase de oposición.

7. Desenvolvemento das probas.

7.1. O lugar e a data do primeiro exercicio da fase de oposición publicarase na resolución da xerente que aprobe a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas. O primeiro dos exercicios non terá lugar antes de catro (4) meses desde a publicación desta convocatoria.

7.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento e serán excluídas aquelas que non comparezan, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal. A orde de actuación das persoas aspirantes comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «M», de conformidade coa Resolución do 22 de xaneiro de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das 48 horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Este aprazamento non poderá demorar o proceso selectivo de maneira que menoscabe o dereito do resto das persoas aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan noutro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

7.3. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditaren a súa identidade.

7.4. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal publicará a relación provisoria coa puntuación obtida polas persoas aspirantes que acadaron o mínimo establecido para superalo, en cada un dos postos convocados. As persoas aspirantes disporán de cinco (5) días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación na sede electrónica da relación provisoria, para presentaren reclamacións ás cualificacións.

7.5. O tribunal publicará a relación definitiva de persoas aprobadas de cada exercicio e o anuncio do sucesivo exercicio nun prazo mínimo de 48 horas de antelación á data sinalada para o seu inicio.

7.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia da persoa interesada, proporá a súa exclusión á xerente e comunicaralle as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas para os efectos procedentes. Contra a resolución de exclusión, que esgota a vía administrativa, poderanse interpoñer recursos ao abeiro da base 4.5.

8. Valoración dos méritos.

8.1. Unha vez finalizada a fase de oposición, o tribunal abrirá un prazo para a presentación dos méritos por cada aspirante que superase esta fase, que se poderá publicar simultaneamente á do resultado do último exercicio da fase de oposición. As persoas aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso, deberanos acreditar mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou de copias auténticas. As persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditaren aquela documentación que o tribunal considere necesario.

8.2. Os servizos prestados na UDC acreditaranse de oficio mediante unha certificación expedida pola Xerencia da Universidade, referida á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Os servizos prestados noutras administracións públicas españolas acreditaranse mediante unha certificación dos servizos prestados referida á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Esta certificación será expedida por quen teña atribuídas as competencias en materia de persoal na Administración correspondente.

Non serán computables os méritos referidos a unha data posterior á de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo.

8.3. Contra o acordo de valoración dos méritos poderán presentarse reclamacións no prazo de cinco (5) días hábiles que serán resoltas polo tribunal mediante un acordo definitivo. No caso de non se presentaren reclamacións, o acordo provisional converterase automaticamente en definitivo.

9. Relación de persoas aprobadas.

9.1. A cualificación final do proceso selectivo será a suma das puntuacións que se obteñan na fase de oposición e na fase de concurso. Os puntos que se obteñan nesta última, en ningún caso, poderán sumarse para os efectos de superar a fase de oposición.

En caso de empate, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida nos exercicios e pola seguinte orde: último exercicio do proceso selectivo e, se persistise, atenderase á maior puntuación no penúltimo exercicio; de persistir aínda, atenderase á maior puntuación na fase de concurso. No caso de que continuase persistindo o empate, dirimirase por sorteo público en presenza das persoas opositoras empatadas.

9.2. O tribunal publicará a relación definitiva de persoas aprobadas, en que constará a puntuación das persoas aspirantes que, ao acadaren a puntuación mínima exixida para superar os exercicios da fase de oposición, obtiveron a maior puntuación final. Esta relación axustarase ao establecido na base 5.10.

As persoas opositoras que non están incluídas nas respectivas relacións terán a consideración de non apto/a para todos os efectos, único aspecto acerca do cal o tribunal poderá certificar.

Contra este acordo poderase interpoñer un recurso de alzada ante o reitor nos prazos e formas que establece a LPACAP.

9.3. O tribunal remitiralle á xerente a relación definitiva das persoas aspirantes aprobadas pola orde da puntuación final, coa proposta de que se formalice o correspondente nomeamento.

Cando se produza a renuncia dunha persoa seleccionada, antes da toma de posesión, ou non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, a xerente poderá requirir ao tribunal unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación ás persoas propostas, para o seu posible nomeamento como persoal funcionario.

10. Presentación de documentos.

No prazo de vinte (20) días naturais, que contarán a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das persoas aprobadas, estas deberán presentar no Servizo de Persoal Técnico de Xestión e Administración e Servizos (rúa Mestranza, 9) a documentación acreditativa dos requisitos exixidos na convocatoria e os seguintes documentos:

a) O orixinal do título exixido para acceder ás probas. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar unha credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Unha declaración xurada ou promesa relativa ao establecido na letra e) da base 2.1.

c) Un certificado médico oficial ou informe de saúde do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ou documento equivalente, acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que imposibilite o desempeño das correspondentes funcións segundo o que indica a letra d) da base 2.1. Os certificados ou informes no poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

d) Os/as aspirantes con discapacidade recoñecida deberán presentar unha certificación dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social ou da consellería competente que acredite tal condición. Igualmente deberán presentar un certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes.

e) De ser o caso, orixinais das acreditacións de coñecemento de español, segundo a base 6, e de galego, segundo a base 2.2.

As persoas que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do seu exame se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser nomeados funcionarios/as de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar a dita documentación, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

11. Nomeamento.

11.1. Por resolución da xerente, e por proposta do tribunal cualificador, procederase ao nomeamento de funcionarios/as de carreira da escala técnica da UDC, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

11.2. A petición de destinos por parte das persoas aprobadas deberá realizarse no prazo de cinco (5) días hábiles, tras a oferta destes por parte da Xerencia.

11.3. A toma de posesión efectuarase no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento de funcionario/a de carreira.

12. Listaxes de agarda.

A constitución das listaxes de agarda realizarase ao abeiro da normativa vixente que regule o procedemento sobre a súa elaboración e xestión. Para estes efectos, as persoas interesadas deberán cubrir o anexo IV que figura nesta resolución.

13. Protección e tratamento de datos de carácter persoal.

As persoas aspirantes aceptan a política de privacidade da UDC, recollida na páxina web (https://www.udc.es/gl/pe/politica_privacidade/), e especificada no formulario de solicitude de participación no proceso selectivo.

14. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun (1) mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de febreiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 16.1.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I
Procedemento de selección subgrupo A2
Técnico/a de Atención á Diversidade

Fase de oposición: 70 puntos.

Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, para aqueles/as candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais, acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, e consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 4 de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega, en especial da linguaxe administrativa, por ser unha linguaxe de especialidade presente na súa esfera profesional. Cualificarase de apto ou non apto. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 30 puntos.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de carácter teórico-práctico constituído por 120 preguntas (máis cinco de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta, e das cales o 30 % corresponderán ao temario xeral e o 70 % ao temario específico que figuran como anexo II desta convocatoria. Todas as preguntas terán a mesma puntuación e cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 120 minutos. A puntuación será de 0 a 30 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 15.

Terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 40 puntos.

Consistirá na realización de dous supostos prácticos para elixir entre catro propostos polo tribunal, do bloque específico. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 240 minutos. A puntuación será de 0 a 40 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 10 puntos en cada un dos supostos.

Fase de concurso: 30 puntos.

Todos os méritos valoraranse referidos ao día de remate do prazo de presentación de solicitudes e os cursos alegados terán como data límite para a súa finalización o día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

A) Experiencia.

Ata un máximo de 20 puntos.

Por servizos prestados na Universidade da Coruña e noutras administracións públicas como funcionario/a interino/a ou de carreira na escala, subescala e subgrupo da praza a que se opte ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo II en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes, 0,24 puntos por mes.

Computaranse como servizos prestados os períodos en situación de excedencia por coidado de fillo/a ou familiar e os prestados nas situación previstas nos artigos 168, 176 e 177 e 177 bis da LEPG. O cómputo dos meses realizarase por días naturais (30 días) e, para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, pola puntuación que se sinala en cada epígrafe.

B) Formación.

A formación valorarase ata un máximo de 10 puntos.

Os cursos alegados terán como data límite para a súa finalización o día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, feiras, simposios e similares.

– As titulacións académicas nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os subniveis de idiomas cando se posúa o nivel de idioma completo.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

En todos os casos se valorarán unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetise a súa participación e unicamente o de nivel superior ou avanzado.

• Cursos de formación xeral e específica ata un máximo de 7 puntos:

A valoración da formación farase atendendo aos seguintes criterios:

Nesta subepígrafe valoraranse os cursos convocados, impartidos e/ou recibidos, ou homologados por:

– Institutos ou escolas de Administración pública.

– Universidades.

– Servizos públicos de emprego.

– Organizacións sindicais.

– Mutuas de traballo e servizos de prevención.

– Impartidos no marco do Acordo de formación dos empregados públicos.

que versen sobre formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo.

Os cursos impartidos sempre se valorarán como se fosen de aproveitamento ou aptitude.

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Cursos recibidos de aptitude e cursos impartidos: 0,04 puntos/hora.

– Cursos de asistencia: 0,02 puntos/hora.

Cando no certificado non conste o número de horas, considerarase que a duración do curso é de 10 horas.

A valoración dos certificados de nivel de idiomas, coa excepción do nivel de lingua galega, que se realizará segundo a epígrafe seguinte, realizarase de acordo co número de horas establecido para cada nivel, ao abeiro do artigo 3 do Decreto 81/2018, do 19 de xullo, polo que se establece o currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Coñecemento de lingua galega ata un máximo de 2 puntos:

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio: 1 punto.

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior: 1,5 puntos.

– Celga 5: 2 puntos.

• Formación en igualdade e/ou diversidade ata un máximo de 1 punto:

Dada a natureza transversal da formación en materia de igualdade e/ou diversidade, outorgarase para todos os postos que se inclúen na convocatoria a valoración de 1 punto como máximo. A valoración desta epígrafe realizarase de acordo co previsto na epígrafe de cursos de formación xeral e específica.

ANEXO II
Temario de Técnico/a de Atención á Diversidade

Bloque I: temario xeral.

1. A Constitución española de 1978. Título preliminar, título I: Dos dereitos e deberes fundamentais, capítulo segundo do título III: Da elaboración das leis e título IV: Do goberno e da Administración.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia. Título preliminar, título I: Do poder galego, título II: Das competencias de Galicia e título III: Da Administración pública galega.

3. Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario.

4. Decreto 94/2025, do 6 de outubro, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Título I: Obxecto, principios e ámbito de aplicación e títulos do III (clases de persoal) ao IX (réxime disciplinario).

6. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Título I: Disposicións xerais; título II: Principios de protección de datos; título III: Dereitos das persoas e título IX: Réxime sancionador.

7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

8. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar; título I: Dos interesados no procedemento; título II: Da actividade das administracións públicas; título III: Dos actos administrativos; título IV: Das disposicións sobre o procedemento administrativo común; e título V: Da revisión dos actos en vía administrativa.

9. Lei 40/2015, do 1 outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo I: Disposicións xerais; capítulo II: Dos órganos das administracións públicas (excepto a subsección 2ª da sección 3ª); capítulo III: Principios da potestade sancionadora; capítulo IV (só a sección 2ª); e capítulo V: Funcionamento electrónico do sector público. Título III: Relacións interadministrativas; capítulo I: Principios xerais das relacións interadministrativas e capítulo II: Deber de colaboración.

10. Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia. Título preliminar. Título I: Dereito á igualdade entre mulleres e homes. Título VI. As condicións de emprego en igualdade na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no sector público autonómico: capítulo II: O acceso e promoción no emprego público galego; capítulo III: Formación na igualdade e transparencia retributiva no emprego público; capítulo IV: Medidas de conciliación e corresponsabilidade; e capítulo V: Medidas de prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.

11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

12. O Plan de normalización lingüística da UDC. Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña.

13. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia: título I: Da ordenación do sistema universitario de Galicia e título II: Da coordinación e a colaboración.

14. Tratado da Unión Europea, título III: Disposicións sobre as institucións.

15. Tratado de funcionamento da Unión Europea: sexta parte. Título I: Disposicións institucionais: capítulo II sección 1ª: Actos xurídicos da Unión.

16. Información preventiva da UDC en materia de pantallas de visualización de datos.

17. Plan de medidas antifraude da Universidade da Coruña (aprobado polo Consello de Goberno o 25 de xaneiro de 2022).

18. Resolución reitoral do 22 de xullo de 2019 pola que se aproba a política de seguridade da información e protección de datos persoais na UDC.

19. Regulamento xeral de uso das tecnoloxías da información e a comunicación da UDC (aprobado polo Consello de Goberno do 23 de xullo de 2020).

Bloque II: temario específico.

1. Informe do CERMI estatal de reforma normativa en materia de inclusión das persoas con discapacidade no sistema universitario español, 2020: capítulo IV: O marco normativo da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e a Axenda 2030.

2. Orde PJC/804/2025, do 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de medios e tempos e a realización doutros axustes razoables nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

3. Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación.

4. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social.

5. Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

6. Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas con discapacidade auditiva e xordocegas.

7. Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

8. Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

9. Recomendacións para elaborar plans de inclusión das persoas con discapacidade na universidade. CERMI.

10. Normativa de atención á diversidade da UDC, aprobada no Consello de Goberno do 23 de novembro de 2016.

11. Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.

12. Regulamento sobre o exercicio do dereito á identidade de xénero na Universidade da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno na súa sesión do 28 de setembro de 2017.

13. Guías de apoio para a inclusión de persoas trans na UDC (PDI, PTXAS e estudantado).

14. Regulamento disciplinar do estudantado da Universidade da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno do 27 de febreiro de 2023 e modificado no seu artigo 11.4.b) no Consello de Goberno do 28 de xuño de 2023.

15. Manual de formación en materia de loita contra o racismo e a xenofobia, destinado ao persoal de educación: Definicións e conceptos fundamentais sobre a migración. Conceptos fundamentais sobre o racismo. Principais manifestacións do racismo e da discriminación.

16. Manual de formación en materia de loita contra o racismo e a xenofobia, destinado ao persoal de educación: elementos fundamentais para entender o concepto de cultura e diversidade cultural.

17. Recursos da UDC para o tratamento do choque cultural no alumnado.

18. Guía de boas prácticas para a transición, o acceso e a acollida do alumnado con necesidade específica de apoio educativo nos estudos universitarios. Rede SAPDU.

19. Informe do CERMI estatal de reforma normativa en materia de inclusión das persoas con discapacidade no sistema universitario español, 2020: capítulo II: Barreiras para a inclusión educativa universitaria das persoas con discapacidade.

20. Pautas de deseño universal para a aprendizaxe. Versión 3.0 do CAST.

21. Deseño universal para a aprendizaxe: educación para todos e prácticas de ensinanza inclusivas: capítulo IV.

22. Axustes razoables na universidade. Concepto e recomendacións comúns nos estudantes con discapacidade ou dificultade na aprendizaxe na universidade.

23. Axustes razoables na universidade. Discapacidade física: Concepto e necesidades na docencia, asistencia a clase e probas de avaliación. Recursos persoais, recursos técnicos e materiais.

24. Axustes razoables na universidade. Trastorno do espectro autista: Concepto e necesidades na docencia, asistencia a clase e probas de avaliación. Recursos persoais, recursos técnicos e materiais.

25. A saúde mental como cuestión de dereitos humanos, CERMI: a saúde mental desde un enfoque exixente de dereitos humanos.

26. Axustes razoables na universidade. Discapacidade asociada á saúde mental: Concepto e necesidades na docencia, asistencia a clase e probas de avaliación. Recursos persoais, recursos técnicos e materiais.

27. Axustes razoables na universidade. Trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH). Guía de boas prácticas.

28. Axustes razoables na universidade. Dificultades específicas na aprendizaxe na lectura e/ou a escritura (dislexia e disgrafía).

29. Axustes razoables na universidade. Discapacidade visual e xordocegueira: Concepto e necesidades na docencia, asistencia a clase e probas de avaliación. Recursos persoais, recursos técnicos e materiais.

30. Axustes razoables na universidade. Discapacidade auditiva: Concepto e necesidades na docencia, asistencia a clase e probas de avaliación. Recursos persoais, recursos técnicos e materiais.

31. Guía para a incorporación da lingua de signos española na Administración pública: capítulos 3 e 4: Principios e medidas de actuación para a incorporación da lingua de signos española na Administración pública.

32. Normativa de aplicación no ámbito universitario que fai referencia á discapacidade e necesidades educativas:

– Admisión: Real decreto 534/2024, do 11 de xuño, polo que se regulan os requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, as características básicas da proba de acceso e a normativa básica dos procedementos de admisión: artigos 21 e 41.

– Ordenación universitaria: Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade: artigos 4, 11, 15 e 18.

– Dedicación ao estudo: Acordo do Consello de Goberno, do 28 de maio de 2025, polo que se aproba a normativa que regula o réxime de dedicación ao estudo e o procedemento de dispensa académica para o estudantado de grao e máster universitario.

– Normativa de avaliación: normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC. Texto consolidado.

33. Real decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario: artigos 4, 12, 13, 15, 18, 22, 24, 26, 29, 35, 36, 38, 62, 64, 65 e 66.

34. Normativa para deportistas de alto nivel da UDC (DANUDC; aprobada en Consello de Goberno na súa sesión do 28 de xuño de 2023).

35. Instrución da Vicerreitorado de Planificación Académica e Innovación Docente sobre as medidas que cómpre adoptar na docencia e avaliación dos/das deportistas de alto nivel e de alto rendemento deportivo, adestradores/as, técnicos/as, xuíces/xuízas e árbitros/as de alto nivel deportivo, matriculados/as na Universidade da Coruña.

Nota. Debe entenderse que o temario pode verse afectado polas modificacións normativas e lexislativas que se poidan producir ata a data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

ANEXO III
Solicitude de participación nas probas selectivas para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos

DATOS PERSOAIS

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Tipo de documento

Nº de documento de identificación

Nacionalidade

Data de nacemento

Localidade e provincia

Enderezo (rúa, número e andar)

Localidade e provincia

Código postal

Teléfonos

Correo electrónico

CONVOCATORIA

Denominación das prazas convocadas

Data de publicación da convocatoria no DOG:

Sistema de acceso

□ Promoción interna

□ Acceso libre

Idioma en que se desexa realizar as probas (non se poderá modificar posteriormente):

□ Galego

□ Castelán

Discapacidade

□ SI □ NON

Grao recoñecido: %

Acceso pola cota de reserva discapacidade.

Solicito a seguinte adaptación de tempo/medios e motivación:

TÍTULO ACADÉMICO OFICIAL

Título académico da persoa aspirante

SERVIZOS PRESTADOS

Servizos prestados na Universidade da Coruña:

□ SI □ NON

Servizos prestados noutras administracións públicas:

□ SI □ NON

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR, de ser o caso

□ DNI ou documento acreditativo

□ Xustificante pagamento taxas (ingreso na conta ES76 0049-5030-15-2516011262. Banco Santander)

□ Acreditación da titulación exixida

□ Acreditación do coñecemento de lingua galega: Celga.../ou documento equivalente

□ Acreditación da exención da proba de castelán (aspirantes estranxeiros)

□ Acreditación de discapacidade

□ Acreditación de familia numerosa

□ Acreditación de vítima de terrorismo

□ Acreditación como demandante de emprego

□ Acreditación de vítima de violencia de xénero

□ Solicito pseudonimización dos meus datos identificativos (só para vítimas violencia de xénero)

Outra documentación

A persoa que asina a continuación solicita ser admitida para as probas selectivas a que se refire esta instancia e DECLARA baixo a súa responsabilidade que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e as especialmente sinaladas na convocatoria, e comprométese a acreditar documentalmente todos os datos que figuran na solicitude no caso de superar o proceso selectivo ou en calquera outro momento en que lle sexan requiridos.

..., ... de... de 20... (Sinatura)

XERENTE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos), e no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase que os datos indicados no formulario serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade da Coruña (UDC), cuxos datos de contacto son: rúa Mestranza, 9, 15001 A Coruña, teléfono 981 16 70 00, correo electrónico dpd@udc.gal

Estes datos serán tratados coa finalidade de xestionar todo o proceso selectivo, o cal inclúe as publicacións realizadas no taboleiro electrónico oficial da sede electrónica da UDC. As persoas que se encontren en situación de violencia de xénero ou similar, e que desexen exercer o seu dereito de oposición á publicación dos seus datos, poranse en contacto co Servizo de Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos. Este tratamento fundaméntase na función da Universidade como Administración pública empregadora, con base na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, no Estatuto básico do empregado público e na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Os datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade, sen prexuízo da súa conservación en relación coa posible exixencia de responsabilidades legais.

As persoas participantes poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación de tratamento dos seus datos persoais, nos termos previstos na lexislación vixente, nos termos indicados en https://www.udc.es/es/goberno/equipo_reitoral/secretaria/proteccion-de-datos/normativa-dereitos-e-rexistro/index.html#dereitos. Así mesmo, tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

ANEXO IV
Solicitude de inclusión nas listaxes de agarda para a cobertura temporal
de postos de traballo

DATOS PERSOAIS

Núm. de documento de identificación

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Debe sinalar a súa dispoñibilidade para ser chamado. Pode sinalar máis dunha opción, neste caso debe aceptar o nomeamento que se lle ofreza en primeiro lugar e que o deixará en situación de suspenso no resto das variables:

□ Campus da Coruña, só vacantes. □ Campus de Ferrol, só vacantes.

□ Calquera nomeamento no Campus da Coruña. □ Calquera nomeamento no Campus de Ferrol.

..., ... de ... de 20...

(Sinatura)

XERENTE DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA