DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de febreiro de 2026, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do establecemento relacionado no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 25 de febreiro de 2026 da baixa do establecemento indicado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2026

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Casa Cesteiros.

Signatura: VUT-PO-003451.

Razón social: Sonia Santos Morais.

Enderezo: rúa Cesteiros, 15, 4º B.

Concello: Vigo.