DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorga un permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento de acuicultura no porto do Vicedo, concello do Vicedo (expediente PE503A-2026-1).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2026, se outorga un permiso de actividade para a posta en funcionamento do establecemento de acuicultura en zona terrestre que a seguir se describe:

Titular do permiso de actividade: Consellería do Mar (S-1511001-H).

Prazo de outorgamento: dez (10) anos, prorrogables por iguais períodos, con carácter indefinido.

Tipo de establecemento: criadeiro.

Localización: porto do Vicedo, concello do Vicedo (Lugo).

Especies autorizadas: ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), ostra plana europea (Ostrea edulis), ostra rizada (Magallana gigas), berberecho (Cerastoderma edule), cadelucha (Donax trunculus), navalla (Ensis ensis) e longueirón (Ensis siliqua).

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica