DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17487

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 3 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de xaneiro de 2026 (DOG número 23, do 4 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG número 162, do 26 de agosto), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 24 de marzo de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 5-6, 7 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026

María Carmen Morales de la Fuente
Presidenta do tribunal