DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17473

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2026 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de febreiro de 2026, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de promoción pública, se determinan as zonas xeográficas para a fixación dos prezos das vivendas protexidas e se modifica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de febreiro de 2026 adoptou, por proposta da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, o acordo polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de promoción pública, se determinan as zonas xeográficas para a fixación dos prezos das vivendas protexidas, e se modifica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024 polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

En consecuencia, resolvo proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia:

«ACORDO:

Fixar os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de promoción pública, determinar as zonas xeográficas para a fixación dos prezos das vivendas protexidas e modificar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024 polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións, conforme a proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que se xunta».

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Proposta do acordo polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de promoción pública, se determinan as zonas xeográficas para a fixación dos prezos das vivendas protexidas e se modifica o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

O artigo 66.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, na redacción dada pola Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, establece o seguinte:

«1. Durante o período legal de protección, calquera acto de disposición ou de arrendamento de vivendas protexidas en primeira ou posteriores transmisións, con independencia da súa data de cualificación, estará suxeito a un prezo de venda ou renda máximo que será fixado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, en atención á localización das promocións, á superficie útil das vivendas e os seus anexos, así como aos custos da construción ou a situación do mercado inmobiliario.

No devandito acordo estableceranse os prezos finais de adxudicación das vivendas protexidas de promoción pública e os seus anexos, para o cal poderán fixarse deducións nos prezos de venda e renda en función da situación económico-social das persoas adxudicatarias.

No suposto de promocións de vivendas protexidas de protección autonómica cualificadas para arrendamento, o prezo máximo da renda será o fixado na súa cualificación. Este prezo máximo será actualizado anualmente de acordo co incremento que experimente o IPC, sen que en ningún caso poida superar o 3 % anual».

Actualmente, os prezos das vivendas protexidas de promoción pública (VPP) son os establecidos no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).

Os prezos das vivendas protexidas de protección autonómica (VPA) son os previstos no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024 polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

Tendo en conta os prezos da construción e a actual situación do mercado inmobiliario, considérase necesario fixar os novos prezos de venda e renda das VPP, en atención á localización das vivendas e dos seus anexos.

Non obstante o anterior, non se poden esquecer os colectivos a que van dirixidas estas vivendas, polo que, con amparo no artigo transcrito, considérase tamén necesario establecer deducións no prezo de venda en primeira e posteriores adxudicacións e na renda dos contratos de alugueiro para as persoas adxudicatarias con ingresos ponderados inferiores a 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Para estes efectos, é preciso distinguir dous supostos diferentes: o relativo aos das primeiras e posteriores adxudicacións de vivendas e os seus anexos, que se refire aos de titularidade do IGVS e das súas entidades dependentes, e o relativo ás segundas e posteriores transmisións, que son os relativos a procedementos de VPP de titularidade de terceiras persoas, pero que están sometidas ao control da Administración autonómica, por canto o IGVS ten que designar a persoa adquirente, garantindo así que, durante todo o período de protección, estas vivendas se destinen a persoas que cumpran os requisitos de acceso.

Esta actuación enmárcase no obxectivo da lexislatura de construír 4.000 VPP ata 2028 e outras 2.000 ata 2030, tal e como se recolle no II Pacto de vivenda de Galicia 2026-2030, asinado o 10 de febreiro de 2026 polos representantes das entidades integrantes do Pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia.

Por outro lado, cómpre modificar as localidades que integran o ámbito territorial de prezo máximo superior (PMS), para os efectos da fixación dos prezos das VPA, coa finalidade de incluír nese ámbito as sete grandes cidades de Galicia, sen variar os concellos incluídos actualmente nas zonas 1 e 2.

Por último, no Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 27 de xuño de 2024, publicouse a Resolución do 18 de xuño de 2024 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das VPA en primeira ou posteriores transmisións. Á vista da modificación introducida no artigo transcrito da Lei 8/2012, considérase necesario modificar o dito acordo e, ademais, establecer os prezos de segundas e posteriores transmisións, tomando como referencia o prezo da súa cualificación.

Á vista do anterior, proponse a adopción do seguinte

ACORDO:

Primeiro. Fixar os seguintes prezos máximos de venda das VPP en primeira e posteriores adxudicacións, as deducións aplicables e os prezos máximos de venda de segundas e posteriores transmisións:

1. Prezos máximos de venda en primeiras e posteriores adxudicacións:

Os prezos máximos de venda das VPP determinaranse en función da área xeográfica onde estean situadas –zona 1 e zona 2– e o prezo por metro cadrado de superficie útil. Así:

Zona 1: 1.717,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.464,75 euros por metro cadrado de superficie útil.

Cando a promoción inclúa garaxes ou rochos, o prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil destes non poderá exceder o 60 % do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da correspondente vivenda; polo tanto, quedan fixados nos seguintes importes, en función da súa localización:

Zona 1: 1.030,32 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 878,85 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo.

2. Deducións aplicables aos prezos máximos de venda en primeiras e posteriores adxudicacións:

No suposto de que as persoas adxudicatarias das vivendas acrediten ingresos iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM, sobre o prezo máximo de venda establecido no punto 1 aplicarase unha dedución do 30 %; polo tanto, quedan fixados nestes casos os prezos finais de adxudicación nos seguintes importes por metro cadrado de superficie útil, en función da localización das vivendas:

Zona 1: 1.202,04 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.025,33 euros por metro cadrado de superficie útil.

O prezo máximo final de adxudicación dos anexos será:

Zona 1: 721,22 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 615,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

3. Prezos máximos de venda en segundas e posteriores transmisións:

a) Se as vivendas se adquiriron polos prezos fixados no punto 1 deste ordinal, é dicir, sen lles aplicar deducións, o seu prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil será o previsto nese punto 1, en función da súa localización.

b) Se as vivendas se adquiriron coas deducións previstas no punto 2 deste ordinal, o prezo máximo de venda será o prezo final da adxudicación tras a aplicación das ditas deducións, é dicir, o prezo polo que se adquiriron as vivendas e, de ser o caso, os anexos.

c) Os prezos máximos de venda das vivendas que se adquiriron con anterioridade á data de efectos deste acordo serán os previstos no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo, e das edificacións promovidas polo IGVS, referidas ao módulo vixente antes da publicación deste acordo.

4. No suposto de que o IGVS adquira VPP ás entidades en que ten unha participación maioritaria, o prezo máximo de venda será o que resulte de aplicar ao establecido no punto 1 unha dedución do 30 %.

Segundo. Fixar os seguintes prezos máximos anuais de renda das VPP e as deducións aplicables aos ditos prezos:

1. Prezos máximos de renda das VPP:

O prezo máximo anual de renda será o resultante de aplicar o 2 % ao prezo máximo de venda fixado no punto 1 do ordinal primeiro, segundo a zona en que se sitúe.

A renda anual por metro cadrado dos anexos non poderá exceder o 60 % do prezo de renda por metro cadrado da correspondente vivenda.

2. Deducións aplicables aos prezos máximos anuais de renda:

Cando as persoas arrendatarias das vivendas acrediten ingresos iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM, aplicarase unha dedución do 50 % sobre o prezo máximo anual de renda. No suposto de que os ingresos acreditados sexan superiores a 2 veces o IPREM e iguais e inferiores a 2,5 veces o IPREM, a dedución aplicable será do 40 % e, no suposto de que os ingresos acreditados sexan superiores a 2,5 veces o IPREM e iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM, a dedución será do 30 %.

Estas deducións manteranse nas sucesivas renovacións dos contratos de arrendamento, sempre que se sigan cumprindo os citados límites de ingresos.

Terceiro. Determinar que os prezos establecidos nos ordinais primeiro e segundo sexan de aplicación para as adxudicacións e transmisións de VPP que se formalicen a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG.

Cuarto. Establecer as zonas xeográficas para a fixación dos prezos das vivendas protexidas:

1. Para os efectos da fixación dos prezos das vivendas protexidas, terán a consideración de zonas 1 e 2 os seguintes concellos:

a) Concellos incluídos na zona 1:

A Coruña, Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela e Teo.

Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

Allariz, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Vigo.

b) Concellos incluídos na zona 2:

Resto de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para os efectos da fixación dos prezos das VPA, terán a consideración de ámbito territorial de prezo máximo superior (PMS) os seguintes concellos:

A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Quinto. Modificar os puntos dous e catro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de xuño de 2024, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das VPA en primeira ou posteriores transmisións.

1. O punto 2 quedará redactado como segue:

«2. Prezos máximos de venda en segundas e posteriores transmisións:

a) O prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil en segundas e posteriores transmisións das vivendas cualificadas provisionalmente a partir do 28 de xuño de 2024 e dos seus anexos será o seguinte:

1º. Vivendas:

Réxime especial:

PMS: 1.863,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.717,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.464,75 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 2.019,92 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.941,84 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.684,80 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 2.203,31 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 2.005,39 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.778,76 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Anexos: o prezo máximo non poderá exceder o 60 % do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da correspondente vivenda; polo tanto, quedan fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

Réxime especial:

PMS: 1.117,80 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.030,32 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 878,85 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 1.211,95 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.165,10 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.010,88 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 1.321,98 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.203,23 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.067,26 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo.

b) O prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil en segundas e posteriores transmisións das vivendas cualificadas provisionalmente a partir do 11 de agosto de 2023 e ata o 28 de xuño de 2024 e os seus anexos, será o seguinte:

1º. Vivendas:

Réxime especial:

PMS: 1.620,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.431,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.172,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 1.712,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.566,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.296,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 1.916,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.644,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.458,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Anexos: o prezo máximo non poderá exceder o 60 % do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da correspondente vivenda; polo tanto, quedan fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

Réxime especial:

PMS: 972,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 859,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 703,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 1.027,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 940,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 778,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 1.150,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 986,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 875,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo.

c) O prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil, en segundas e posteriores transmisións das vivendas cualificadas provisionalmente a partir do 11 de agosto de 2021 ata o 11 de agosto de 2023 e os seus anexos, será o seguinte:

1º. Vivendas:

Réxime especial:

PMS: 1.500,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.325,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.085,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 1.585,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.450,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.200,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 1.774,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.522,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.350,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Anexos: o prezo máximo non poderá exceder o 60 % do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da correspondente vivenda; polo tanto, quedan fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

Réxime especial:

PMS: 900,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 795,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 651,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 951,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 870,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 720,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 1.064,40 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 913,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 810,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo.

d) O prezo máximo de venda das vivendas cualificadas inicialmente para arrendamento a 10 ou 25 anos ao abeiro dos reais decretos 801/2005, do 1 de xullo, polo que se aproba o Plan estatal 2005-2008, para favorecer o acceso dos cidadáns á vivenda, e 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012, no suposto de venda por parte das persoas promotoras, é o establecido nos propios reais decretos.

As persoas adquirentes destas vivendas poderán allealas polo mesmo prezo polo que as adquiriron, unha vez acreditado o prezo de adquisición.

e) No resto de supostos, incluído os das vivendas cualificadas con anterioridade ao 11 de agosto de 2021 que non fosen transmitidas en primeira transmisión, o prezo será o seguinte:

1º. Vivendas:

Réxime especial:

PMS: 1.500,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.325,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.085,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 1.585,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.450,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.200 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 1.774 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.522,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.350,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Anexos: o prezo máximo non poderá exceder o 60 % do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da correspondente vivenda; polo tanto, quedan fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

Réxime especial:

PMS: 900,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 795,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 651,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime xeral:

PMS: 951,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 870,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 720,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Réxime concertado:

PMS: 1.064,40 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 913,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 810,00 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo.

f) Non obstante o previsto nas letras anteriores, o prezo máximo de venda en segundas e posteriores transmisións das vivendas e anexos situados en PMS construídas en solos desenvoltos coa intervención de entes ou sociedades públicas ou en solos que fosen de titularidade pública e se alleasen para a promoción de vivendas protexidas, será o fixado para a zona 1, segundo o réxime das vivendas.

g) Estes prezos serán de aplicación ás segundas e posteriores transmisións de VPA que se formalicen a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia».

2. O punto 4 quedará redactado como segue:

«4. Prezos máximos anuais de renda das vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica cualificadas con anterioridade ao 28 de xuño de 2024.

a) As equivalencias entre as diferentes denominacións das vivendas nos distintos plans de vivenda son as seguintes:

1º. As vivendas de protección oficial e de protección autonómica de réxime especial e as vivendas de protección autonómica de prezo reducido equivalerán ás VPA de réxime especial.

2º. As vivendas de protección oficial de réxime xeral, así como as declaradas protexidas, de protección autonómica do Decreto 199/2002, do 6 de xuño, e as de protección autonómica de prezo xeral ao abeiro de plans anteriores de vivenda equivalerán ás VPA de réxime xeral.

3º. As vivendas de protección autonómica de prezo concertado equivalerán ás VPA de réxime concertado.

4º. As vivendas de protección oficial de promoción privada equivalerán ás VPA.

b) Os prezos máximos de renda nos contratos de arrendamento de VPA cualificadas para arrendamento e durante a vixencia do seu réxime serán os fixados na súa cualificación. Este prezo máximo será actualizado anualmente de acordo co incremento que experimente o IPC, sen que en ningún caso poida superar o 3 % anual.

c) Para o resto dos contratos de arrendamento os prezos máximos serán os que correspondan ás VPA do mesmo réxime que se cualifiquen como protexidas provisionalmente na mesma zona territorial no momento da solicitude de visado do contrato. Non obstante, poderán manterse os importes que se viñan percibindo, no suposto de que, da aplicación dos novos prezos ás renovacións e aos novos contratos de alugamento de vivendas, resultase unha minoración dos citados importes.

d) Estes prezos máximos de renda serán de aplicación aos contratos de arrendamento das vivendas de protección oficial de promoción privada e de VPA que se presenten no IGVS para o seu visado a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia».