Aprobado polo Consello Reitor o Programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2026, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,
RESOLVO:
Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos das persoas participantes
1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, o persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria para cada un dos casos no anexo II.
Está exceptuado o persoal das escalas dos corpos da policía local e bombeiros.
2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo terán que indicar na solicitude, e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd, onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de marzo de 2026.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a tres.
4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que se realizaron simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listas de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou se presenten fóra de prazo.
6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na sua área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas, e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A dita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no número 1 desta base.
8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 e 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).
Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos
1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueloutros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.
A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas, relativos á súa participación nesta acción formativa, poderán serlles comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.
As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecerlle ao alumnado a posibilidade do seu visionamento posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As ditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado mentres dure a acción formativa ou, de ser o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.
Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.
As persoas interesadas poderán solicitar, ante a persoa responsable do tratamento, o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Quinta. Criterios de selección
1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio); corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo e DOG núm. 148, do 4 de agosto), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «Persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.
Terán preferencia os funcionarios con habilitación de carácter nacional naqueles cursos que vaian dirixidos a eles expresamente.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2026, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra M.
2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpor recurso de alzada, no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas
1. Os cambios ou as substitucións na selección:
En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para formalizar a renuncia poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.
b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:
1) Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
2) Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.
3) Por razóns de conciliación familiar.
4) Por outras causas xustificadas documentalmente.
3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:
3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa, terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente, ante as persoas responsables da actividade formativa, nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o anteriormente mencionado perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3.2. Seguimento das actividades de teleformación:
As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:
a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no número 3.1, alínea c), e superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas. Para as actividades telepresenciais a proba será en liña.
b) Para as actividades de teleformación:
– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final en liña.
– A superación dunha proba de avaliación final.
Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades, as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará, a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación, das datas concretas e das horas da proba final.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP
1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas, previstos na normativa vixente.
4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.
5. A EGAP garantirá, na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
|
Código |
Denominación |
Persoal destinatario |
Horas |
Prazas |
Valoración |
Modalidade/localidade |
Data de inicio |
Data de remate |
Data e horario do exame final |
|
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
|||||||||
|
LO26033 |
Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
25.5.2026 |
24.6.2026 |
29.6.2026, 16.30 horas |
|
|
LO26033 |
Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
21.10.2026 |
20.11.2026 |
25.11.2026, 17.00 horas |
|
|
LO26034 |
Ofimática na nube Google Drive |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
4.5.2026 |
3.6.2026 |
8.6.2026, 17.00 horas |
|
|
LO26035 |
Seguridade da información no ámbito da Administración local |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
20.5.2026 |
18.6.2026 |
23.6.2026, 17.00 horas |
|
|
LO26035 |
Seguridade da información no ámbito da Administración local |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
14.9.2026 |
13.10.2026 |
19.10.2026, 16.30 horas |
|
|
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
|||||||||
|
LO26006 |
Especialización dos equipos de intervención familiar dos servizos sociais comunitarios na prevención e detección da violencia na infancia e adolescencia |
Terán prioridade as empregadas e os empregados públicos municipais integrantes dos equipos de intervención familiar dos servizos sociais comunitarios básicos cos seguintes perfís profesionais: • Persoal que ocupa postos de educador familiar con titulación nos graos universitarios de Educación Social, Psicoloxía, Pedagoxía e Psicopedagoxía, Maxisterio, etc. • Persoal que ocupa postos de pedagogos/as, psicopedagogos/as, psicólogos/as e da Área da Avogacía e do Dereito que formen parte dos equipos de intervención familiar, nos servizos sociais comunitarios básicos. |
30 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
14, 16, 21 e 23 de abril, |
23.4.2026, 18.00 horas |
||
|
LO26007 |
Explotación estatística do Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSSGAL v2) e a súa vinculación co procedemento BS623A |
Persoal empregado público dos servizos sociais comunitarios con responsabilidades de xestión de datos no Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSSGAL ou SIUSSGAL v2). |
8 |
25 |
Presencial Santiago de Compostela |
28 de maio, das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.30 ás 19.30 horas |
28.5.2026, 19.00 horas |
||
|
LO26008 |
Ferramentas e criterios de descrición para arquivos da Administración local |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan responsabilidades sobre o tratamento e o arquivamento de documentos. |
15 |
50 |
Teleformación |
2.11.2026 |
18.11.2026 |
23.11.2026, 16.30 horas |
|
|
LO26018 |
Os primeiros auxilios |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
20 |
50 |
Teleformación |
25.5.2026 |
12.6.2026 |
Clase presencial obrigatoria na EGAP: 12.6.2026, das 10.00 ás 13.00 horas |
|
|
LO26019 |
Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
14.9.2026 |
9.10.2026 |
15.10.2026, 17.00 horas |
|
|
LO26024 |
Protocolo e organización de eventos na Administración pública local |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
27.4.2026 |
22.5.2026 |
27.5.2026, 16.30 horas |
|
|
LO26029 |
Xestión do tempo de traballo e do teletraballo |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
20 |
50 |
Teleformación |
18.5.2026 |
8.6.2026 |
12.6.2026, 17.30 horas |
|
|
LO26030 |
O financiamento autonómico dos servizos sociais comunitarios (BS623A). A aplicación SSCOMU |
Persoal empregado público dos servizos sociais comunitarios municipais dos distintos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, especificamente aqueles que teñan entre as súas funcións a de cubrir a presentación e a xustificación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais (PASSCM). |
12 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
13, 14 e 15 de abril, das 10.00 ás 14.00 horas |
15.4.2026, 13.30 horas |
||
|
LO26030 |
O financiamento autonómico dos servizos sociais comunitarios (BS623A). A aplicación SSCOMU |
Persoal empregado público dos servizos sociais comunitarios municipais dos distintos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, especificamente aqueles que teñan entre as súas funcións a de cubrir a presentación e a xustificación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais (PASSCM). |
12 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
25, 26 e 27 de maio, das 10.00 ás 14.00 horas |
27.5.2026, 13.30 horas |
||
|
LO26031 |
Sistema de información de usuarios dos servizos sociais-troncal: utilización, optimización e conceptualización da base de datos do novo SIUSSGAL v2) |
Estará destinada ao persoal empregado público dos servizos sociais comunitarios con responsabilidades de xestión de datos no Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSSGAL ou SIUSSGAL v2). |
8 |
25 |
Presencial Santiago de Compostela |
21 de maio, das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.30 ás 19.30 horas |
21.5.2026, 19.00 horas |
||
|
LO26032 |
Soportes instrumentais de xestión da información de servizos sociais comunitarios municipais. A historia social única electrónica (HSUE). SIUSSGAL v2, SIGAD-Concellos |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal empregado público dos servizos sociais comunitarios municipais dos distintos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, especificamente aqueles que sexan usuarios da aplicación HSUE, SIGAD-Concellos e SIUSS ou SIUSSGAL v2. |
24 |
35 |
Telepresenza |
4, 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 18 de maio, das 9.00 ás 12.00 horas |
18.5.2026, 11.30 horas |
||
|
LO26032 |
Soportes instrumentais de xestión da información de servizos sociais comunitarios municipais. A historia social única electrónica (HSUE). SIUSSGAL v2, SIGAD-Concellos |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoal empregado público dos servizos sociais comunitarios municipais dos distintos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, especificamente aqueles que sexan usuarios da aplicación HSUE, SIGAD-Concellos e SIUSS ou SIUSSGAL v2. |
24 |
35 |
Telepresenza |
19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de outubro, das 9.00 ás 12.00 horas |
29.10.2026, 11.30 horas |
||
|
LO26037 |
Atención á cidadanía |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
16.9.2026 |
10.10.2026 |
15.10.2026, 17.30 horas |
|
|
Lingua galega |
|||||||||
|
LO26025 |
Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
15 |
50 |
Teleformación |
20.5.2026 |
4.6.2026 |
9.6.2026, 16.30 horas |
|
|
Réxime xurídico e xestión das entidades locais |
|||||||||
|
LO26003 |
A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación nas entidades locais |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
20.4.2026 |
15.5.2026 |
20.5.2026, 17.00 horas |
|
LO26003 |
A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación nas entidades locais |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
27.9.2026 |
22.10.2026 |
27.10.2026, 18.00 horas |
|
LO26004 |
Elaboración de informes de expedientes sancionadores desde o traballo social |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
20 |
35 |
Telepresenza |
20, 22, 27 e 29 de outubro, e 3, 5, 10 e 12 de novembro, das 16.30 ás 19.00 horas |
12.11.2026, 18.30 horas |
||
|
LO26005 |
Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
30 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
21.9.2026 |
21.10.2026 |
26.10.2026, 17.00 horas |
|
LO26009 |
Fiscalización e control da actividade de entes locais |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
30 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
4.5.2026 |
3.6.2026 |
8.6.2026, 18.30 horas |
|
LO26010 |
Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia |
Funcionarios/as con habilitación nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
20 |
35 |
Estatal 0,50 |
Telepresenza |
14, 16, 21, 23, 28 e 30 de setembro, das 17.00 ás 20.00 horas |
30.9.2026, 19.30 horas |
|
|
LO26011 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
18.5.2026 |
12.6.2026 |
16.6.2026, 16.30 horas |
|
LO26011 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
8.9.2026 |
3.10.2026 |
8.10.2026, 17.00 horas |
|
LO26012 |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
27.5.2026 |
21.6.2026 |
26.6.2026, 17.30 horas |
|
LO26012 |
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
26.10.2026 |
20.11.2026 |
25.11.2026, 17.30 horas |
|
LO26013 |
Liquidación práctica dos tributos locais |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
10.9.2026 |
5.10.2026 |
9.10.2026, 17.00 horas |
|
|
LO26014 |
O deber de conservación da edificación e as actuacións sobre o medio urbano galego |
1. Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. 2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. Subgrupos A1, A2 e C1. 3. Outro persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
25 |
Estatal 0,50 |
Presencial Santiago de Compostela |
7 e 14 de outubro, das 9.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.30 horas 21 de outubro, das 9.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 19.30 horas |
21.10.2026, 19.00 horas |
|
|
LO26015 |
O financiamento do urbanismo en Galicia |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
30 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
13.10.2026 |
12.11.2026 |
17.11.2026, 16.30 horas |
|
LO26016 |
O réxime xurídico das subvencións das entidades locais. Especial referencia ao control interno |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
14.9.2026 |
9.10.2026 |
14.10.2026, 16.30 horas |
|
LO26017 |
Orzamentos locais: redacción, xestión e contabilidade |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
30 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
19.10.2026 |
18.11.2026 |
23.11.2026, 18.00 horas |
|
LO26020 |
Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
30 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
20.4.2026 |
19.5.2026 |
22.5.2026, 17.30 horas |
|
LO26021 |
Prevención de condutas irregulares no ámbito da Administración local |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
30 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
7.9.2026 |
7.10.2026 |
14.10.2026, 18.00 horas |
|
LO26022 |
Procesos de selección de persoal nas entidades locais |
1. Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local subgrupos A1, A2. 2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
1.10.2026 |
28.10.2026 |
2.11.2026, 17.00 horas |
|
LO26023 |
Programas do Instituto Galego da Vivenda e Solo destinados aos concellos |
1. Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. 2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. Subgrupos A1, A2 e C1. 3. Outro persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
19.10.2026 |
16.11.2026 |
20.11.2026, 17.30 horas |
|
LO26026 |
Títulos habilitantes e disciplina urbanística |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
40 |
25 |
Estatal 0,50 |
Presencial Santiago de Compostela |
14, 21 e 28 de abril, e 5 de maio, das 9.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.30 horas 12 de maio, das 9.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.30 horas |
12.5.2026, 18.00 horas |
|
|
LO26027 |
Xestión das obrigas de estranxeiría para entidade locais |
Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
35 |
50 |
Teleformación |
20.4.2026 |
25.5.2026 |
29.5.2026, 16.30 horas |
|
|
LO26028 |
Xestión de tesouraría municipal |
Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia. |
30 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
20.4.2026 |
21.5.2026 |
27.5.2026, 18.30 horas |
|
LO26036 |
Xestión e valorización do aforro enerxético nas entidades locais |
1. Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia. 2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia: subgrupos A1 e A2. 3. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia dos demais grupos. |
25 |
50 |
Estatal 0,50 |
Teleformación |
22.10.2026 |
16.11.2026 |
20.11.2026, 18.00 horas |
