DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 11 de marzo de 2026 Páx. 17511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2014/189-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En virtude do artigo 172.2 do Código civil e toda vez que transcorreu o prazo de dous anos desde a notificación da resolución pola que se declarou o desamparo decaeu o dereito a opoñerse ás decisións ou medidas adoptadas de protección. Non obstante, poderán facilitar información á Entidade Pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que deron lugar á declaración da situación de desamparo e unicamente o Ministerio Fiscal estará lexitimado para opoñerse á resolución da entidade pública.

Vigo, 19 de febreiro de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2014/189-36.

Persoa interesada: 35472982J.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 2 de xaneiro de 2026.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.