DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 12 de marzo de 2026 Páx. 17816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2024/287-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BP Energía España, S.A.U.

Domicilio social: rúa Quintanadueñas, 6, 2º, Madrid.

Denominación: proxecto de CS telemando e infraestrutura eléctrica para alimentación de CT aboado 1.250 kVA na ES Carsán río Te 61424 Rianxo (A Coruña).

Situación: lugar de Te, estación de servizo Carsán río Te 6142, Rianxo (A Coruña).

Características técnicas:

Instalacións que van a ser cedidas á empresa distribuidora:

– Liña de alta tensión soterrada RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 mm²) con orixe en empalmes para realizar na liña de distribución BOI808, no tramo comprendido entre o apoio 9RFOVRAE//58 e o CT 15CJLR, e entrada/saída no CS proxectado, cunha lonxitude de 42 m (ida e volta).

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado cunha cela compacta SF6
(3L 2TC GPRS + TT SSAA) con tres celas de liña con interruptor-seccionador e telecontrol, e unha cela de SSAA con elementos de protección e transformador (24 kV, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña