DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 12 de marzo de 2026 Páx. 17811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Foz e Barreiros (expediente IN407A 2023/255-2).

Expediente: IN407A 2023/255-2.

Solicitante/promotora: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Denominación: Soterramiento de las salidas LAT 20 kV S. Martiño-Barreiros-Cabarcos-Ribadeo1, a la salida de la subestación de Foz.

Concellos: Foz e Barreiros.

1. Características técnicas:

• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV S. Martiño, con orixe no apoio proxectado AP1 tipo C-4500-14 en substitución do apoio A78237 e final no apoio 4BF05534 existente, cunha lonxitude de 72 metros en condutor existente LA-56.

• Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe no apoio proxectado AP2 tipo C-4500-16 en substitución do apoio A62573 e final no apoio 4BF03615 existente, cunha lonxitude de 335 metros en condutor existente LA-110.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV San Martiño, con orixe na subestación de Foz e final no CT 7057 Areosas proxectado, cunha lonxitude de 995 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV San Martiño, con orixe no CT 7057 Areosas proxectado e final no CT 7052 Damián Sierra proxectado, cunha lonxitude de 375 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV San Martiño, con orixe no CT 7052 Damián Sierra proxectado e final nun PAS situado no apoio proxectado AP1, cunha lonxitude de 80 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe na subestación de Foz e final no CT 7060 Esp. Feria proxectado, cunha lonxitude de 1.490 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe no CT 7060 Esp. Feria proxectado e final no CT 7061 Goleta proxectado, cunha lonxitude de 630 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros, con orixe no CT 7061 Goleta proxectado e final no CT 6299 Espiñeira existente, cunha lonxitude de 295 metros de condutor existente tipo RHZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cabarcos, con orixe na subestación de Foz e final nun PAS situado no apoio existente A90576, cunha lonxitude de 2.395 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Ribadeo1, con orixe na subestación de Foz e final no CT 8689 Tizón, cunha lonxitude de 5.905 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado 7057 Areosas, en substitución do actual CTI 8663 Areosas, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado 7052 Damián Sierra, en substitución do actual CT 8890 Damián Sierra, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado 7060 Esp. Feria, en substitución do actual CT 2866 Esp. Feria, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de transformación prefabricado 7061 Goleta, en substitución do actual CTI 5774 Goleta, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 840 metros de RHZ1-240, 740 metros de RHZ1-150, 20 metros de RHZ1-95, 2790 metros de LARL-125, 2.420 metros de LA-110, 445 metros de LA-56, 25 apoios de celosía, 2 apoios de formigón, catro fusibles XS, os CTI 8663 Areosa e 5774 Goleta e desmantelamento dos CTC 8890 Damián Sierra e 2866 Esp. Feria.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 2º andar, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/foz-barreiros

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Lugo, 27 de febreiro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos polo proxecto de Soterramento das saídas LAT 20 kV S. Martiño-Barreiros-Cabarcos-Ribadeo1, á saída da subestación de Foz.

Concello: Foz e Barreiros.

Expediente: IN407A 2023/255-2.

Parcela nº

Referencia

catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Concello

Nome e apelidos

Tipo de cultivo

Apoio nº

LAT aérea Superficie ocupación permanente (m²)

LAT aérea Superficie afectada por voo (m²)

LAT soterrada Superficie ocupación permanente (m²)

C.T. Superficie ocupación permanente (m²)

Accesos Superficie ocupación temporal por obras e accesos (m²)

6

9527014PJ3292N

2

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 53

Foz

María del Carmen e María José Ramos Fiallega

Prado

-

-

-

80 m²

7

9527015PJ3292N

2

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 54

Foz

José Carlos Arias López

Prado

-

-

-

56 m²

8

9527016PJ3292N

2

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 55

Foz

Jesús Pérez García

Urbano

-

-

-

46 m²

9

9527017PJ3292N

2

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 56

Foz

María Aurora Ramos

Casariego

Prado

-

-

-

82 m²

10

9527018PJ3292N

2

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 57

Foz

Herdeiros de Elías

Folgueira Fernández

Prado

-

-

-

34 m²

11

9527019PJ3292N

2

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 58

Foz

María Jesús García López

Prado

-

-

-

30 m²

12

9527020PJ3292N

2

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 59

Foz

Herdeiros de Bruno Veiga Saa

Prado

-

-

-

68 m²

15

9627302PJ3292N

-

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 6

Foz

María del Carmen e María José Ramos Fiallega

Urbano

-

-

-

24 m²

16

9627301PJ3292N

-

-

CR Vilaronte Espiñeirido, 5

Foz

Generoso Delantero

González

Urbano

-

-

-

20 m²