Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas interesadas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Tribaldes, no concello de Teo (expediente IN407A 2024/180-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 27 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/180-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Tribaldes.
Concello: Teo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
15083B505001550000SW |
Descoñecida |
9.3.2026 |
|
2 |
15083B505003620000SM |
Descoñecida |
9.3.2026 |
