Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT BRT803 soterramento do tramo entre os apoios 105 e 112, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2024/164-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 27 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/164-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMT BRT803 soterramento do treito entre os apoios 105 e 112 .
Concello: Malpica de Bergantiños.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
3 |
15044A501012870000WB |
Maripaz, José e Alejandra |
10.3.2026 |
