Feitos:
Primeiro. O día 25 de febreiro de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade do Acordo do 20 de febreiro de 2026, da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, en que se actualizan as táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2026.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á Consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente, ditará resolución en que ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.
Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade do Acordo do 20 de febreiro de 2026, da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, en que se actualizan as táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2026.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo
de actores e actrices de teatro de Galicia
En Santiago de Compostela, ás 13.00 horas do día 20 de febreiro de 2026, reúnese a Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
Parte empresarial:
Diego Vázquez Meizoso (Escena Galega).
Eva Alonso Gómez (Escena Galega).
Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic).
Parte sindical:
Ramón Dopico López (UGT).
Laura Fraga Pardiñas (UGT).
María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).
Rubén Duruelo Cuerdo (CIG).
José Luis López Roca (AAAG).
O obxecto desta xuntanza é a actualización das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
Logo do debate e análise da dita cuestión polas representacións integrantes desta comisión, procede reflectir na acta o seguinte:
Primeiro. Esta comisión paritaria acorda, por unanimidade, actualizar as táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2026, de conformidade co contido dos dous anexos que se xuntan con esta acta.
Segundo. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación desta acta ante a autoridade laboral competente.
Ao non ter máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 13.30 horas do día sinalado no encabezamento e expídese para o efecto esta acta, que asinan os indicados abaixo en representación de cada unha das organizacións presentes en proba de conformidade.
|
Eva Alonso Gómez (Escena Galega) |
Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic) |
|
María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.) |
Rubén Duruelo Cuerdo (CIG) |
|
Ramón Dopico López (UGT) |
José Luis López Roca (AAAG) |
ANEXO I
Táboa salarial compañías privadas. Ano 2026
|
Salario mensual |
Compañías grupo A |
Compañías grupo B |
|
Protagonista |
2.531,81 |
2.109,94 |
|
Principal |
2.233,94 |
1.846,41 |
|
Secundario |
1.836,81 |
1.714,52 |
|
Elenco |
1.636,84 |
1.450,75 |
|
Salario bolo |
Compañías grupos A e B |
|
Protagonista |
231,92 |
|
Principal |
208,55 |
|
Secundario |
185,70 |
|
Elenco |
163,93 |
|
Retribución por gravación |
Compañías grupo A |
Compañías grupo B |
|
Protagonista |
533,01 |
506,51 |
|
Principal |
480,04 |
453,56 |
|
Secundario |
420,45 |
413,82 |
|
Elenco |
374,09 |
360,12 |
|
Axudas de custo Galicia |
59,35 |
|
Prezo por quilómetro desprazamentos |
0,31 |
ANEXO II
Táboa salarial compañía institucional
|
Retribucións. Ano 2026 |
||
|
Categoría |
Salario mensual |
Bolo |
|
Protagonista |
3.431,79 |
272,58 |
|
Principal |
2.580,89 |
238,63 |
|
Secundario/a |
1.932,24 |
221,58 |
|
Cesión de dereitos |
|||
|
Categoría |
Gravación |
(5 %) |
Total |
|
Protagonista |
551,92 |
27,60 |
579,51 |
|
Principal |
482,79 |
24,14 |
506,93 |
|
Secundario/a |
448,21 |
22,41 |
470,62 |
