Mediante o Decreto da Alcaldía 75/2026, do 2 de febreiro, aprobáronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a provisión da praza que se detalla a seguir:
Persoal funcionario:
– Unha (1) praza vacante de técnico de Administración xeral (A2) da área económica, prevista no cadro de persoal e na relación de postos de traballo (RPT código 2002) recollidas na oferta de emprego público do ano 2024 (BOP do 10 de xuño de 2024), pola quenda de promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña número 44, do 6 de marzo de 2026, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.
Coristanco, 9 de marzo de 2026
Juan Carlos García Pose
Alcalde
