DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 12 de marzo de 2026 Páx. 17870

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de aprobación da modificación do uso dotacional na Sangriña.

En sesión do Pleno do Concello da Guarda, do 28 de xaneiro de 2026, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación de usos do Plan especial de infraestruturas e dotacións da Sangriña cambiando o uso dotacional da parcela P4-SER destinada a servizos municipais, para destinala a uso deportivo, mantendo a titularidade pública.

Resumo da modificación de usos:

P4-SER EQ-SER

Parcela uso: equipamento servizos punto limpo/nave garaxe-almacén municipal.

Aprobada esta modificación de usos, queda do seguinte xeito:

P4-SER EQ-DEP

Parcela uso: equipamento deportivo.

Segundo. Que se rectifique o inventario de bens do Concello para os efectos de recoller este cambio de uso.

Terceiro. Publicar o acordado no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Comunicar o acordo, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, de solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo para a súa inscrición no Rexistro de Plans Urbanísticos de Galicia.

Quinto. Comunicar ao Catastro e ao Rexistro da Propiedade as modificacións efectuadas.

A Guarda, 4 de febreiro de 2026

Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde