A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o 17 de decembro de 2025, adoptou, entre outros, o Acordo 1/502, caducidade das ofertas de emprego público do Concello de Lugo non executadas dentro do prazo de tres anos desde a súa publicación, en cuxa parte dispositiva se fai constar:
«Primeiro. Declarar a caducidade das ofertas de emprego público do Concello de Lugo dos anos 2017, 2018, 2020, 2021 e 2022 que non foron executadas no prazo de tres anos establecido no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, en concreto en relación coas seguintes prazas:
1. Oferta de emprego público do Concello de Lugo do ano 2017:
– 1 praza de oficial electricista.
2. Oferta de emprego público do Concello de Lugo do ano 2018:
– 1 praza de técnico superior electricista (promoción interna).
– 1 praza de enxeñeiro/a industrial.
– 1 praza de enxeñeiro/a técnico industrial.
– 1 praza de oficial condutor maquinista.
– 1 praza de operario/a brigada de obras.
– 2 prazas de oficial condutor/a.
– 2 prazas oficial brigada de obras.
3. Oferta de emprego público do Concello de Lugo do ano 2020:
– 1 praza de oficial sepultureiro (promoción interna).
– 1 praza de encargado monitor educación viaria (promoción interna).
– 1 praza de oficial albanel (promoción interna).
– 1 praza de oficial fontaneiro (promoción interna).
– 2 prazas de técnico da Administración xeral (A1).
– 1 praza de ordenanza (reserva discapacidade intelectual).
– 1 praza de operario cemiterio (reserva discapacidade).
– 2 prazas de traballador/a social.
4. Oferta de emprego público do Concello de Lugo do ano 2021:
– 1 praza de oficial cociñeiro/a (promoción interna).
– 1 praza de oficial sepultureiro (promoción interna).
– 2 prazas de auxiliar administrativo/a (promoción interna).
– 1 praza de oficial lector contador.
– 1 praza de oficial pintor.
– 1 praza de operario/a vías e obras.
– 1 praza de técnico educación infantil.
– 5 prazas de auxiliar administrativo (2 reserva discapacidade).
– 1 praza de arquitecto/a.
– 2 prazas de delineante.
– 1 praza de enxeñeiro/a de camiños.
– 2 prazas de bombeiro condutor.
– 1 praza de técnico da Administración xeral (A1).
5. Oferta de emprego público do Concello de Lugo do ano 2022:
– 1 praza de técnico medio (A2) (promoción interna).
– 1 praza de encargado vías e obras (promoción interna).
– 2 prazas de técnico medio (A2).
– 1 praza de analista programador.
– 1 praza de educador/a social.
– 1 praza de celador/a CEIP.
– 2 prazas de ordenanza (1 reserva discapacidade).
– 1 praza de operario/a zona rural.
– 1 praza de oficial condutor.
– 4 prazas de bombeiro condutor.
– 3 prazas de auxiliar administrativo/a.
– 1 praza de traballador/a social.
Segundo. Notificarlles esta resolución a todas as persoas interesadas mediante publicación do acordo no Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e Portal de transparencia, así como ás dependencias municipais afectadas».
No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 008, do 12 de xaneiro de 2026, foi publicado anuncio relativo á caducidade das ofertas de emprego público do Concello de Lugo non executadas dentro do prazo de tres anos desde a súa publicación.
Lugo, 30 de xaneiro de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía 10280/2025, do 4.11.2025,
modificado polo Decreto 11673/2025, do 12.12.2025)
Ana María González Abelleira
Tenenta de alcalde delegada da Área de Xestión Integral de Recursos Internos
