A Concellería de Goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante a Resolución do 3 de marzo de 2026, adxudicou dous postos de traballo de policía da Policía Local do Concello de Pontevedra convocados para a súa provisión, polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía Local, a favor de:
– Julio Castro Loira, con DNI ***8293**.
– Óscar Meca Juncal, con DNI ***9224**.
As devanditas adxudicacións efectuáronse de conformidade coa proposta do tribunal cualificador do 5 de febreiro de 2026 e implican, así mesmo, a adxudicación da praza de policía correspondente ao posto de traballo adxudicado e a integración das persoas adxudicadas como funcionarios de carreira coa categoría de policía da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra (grupo C, subgrupo C1).
Ao que se lle da publicidade de conformidade coas bases da convocatoria e o punto terceiro da propia resolución, tras o cal se iniciará o cómputo dos prazos de cesamento e posesorio previstos na base décimo terceira da convocatoria.
Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante a Sección do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme o dereito.
Pontevedra, 4 de marzo de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.3.2026)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
