De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, o xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante o procedemento de avaliación colexiada, a provisión dos postos de xefe/a de sección de persoal estatutario licenciado sanitario especialista de área da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, que se indican no anexo.
Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, situado no Hospital Clínico, na rúa da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos centros dependentes da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, nos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, na intranet da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
ANEXO
Posto: xefe/a de sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía-Cirurxía con Ingreso e Membro Inferior.
Nº de prazas: unha.
Titulación: título oficial da especialidade de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.
Posto: xefe/a de sección de Neuroloxía-Consultas Externas.
Nº de prazas: unha.
Titulación: título oficial da especialidade de Neuroloxía.
Posto: xefe/a de sección de Obstetricia e Xinecoloxía-Cirurxía Oncolóxica.
Nº de prazas: unha.
Titulación: título oficial da especialidade de Obstetricia e Xinecoloxía.
Posto: xefe/a de sección de Oftalmoloxía-Oculoplastia.
Nº de prazas: unha.
Titulación: título oficial da especialidade de Oftalmoloxía.
Posto: xefe/a de sección de Medicina Física e Rehabilitación-Área de Aparello Locomotor, Linfedema e Innovación.
Nº de prazas: unha.
Titulación: título oficial da especialidade de Medicina Física e Rehabilitación.
