Mediante a Resolución do 4 de abril de 2025 (DOG do 11 de abril) convócase o concurso de méritos ordinario para a provisión de vinte e dous postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos da Universidade da Coruña.
Rematada a valoración de méritos, a Comisión de Valoración elevou á xerente a proposta de adxudicación definitiva de prazas.
En aplicación do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo; do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, no uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro),
RESOLVO:
Adxudicar definitivamente os postos que se relacionan no anexo, de conformidade co establecido na base oitava da convocatoria.
Que a data de cesamento será o 17 de marzo de 2026 e o prazo para tomar posesión será de tres días hábiles contados desde o día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia do/da funcionario/a, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data. Neste caso, o prazo será de vinte días hábiles.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lles fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Para todos os efectos, o prazo de toma de posesión considerarase como de servizo activo, polo que os efectos económicos comezarán desde a data de cesamento no destino de procedencia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 6 de marzo de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
Mª Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO
|
Nome e apelidos |
Nº RPT |
Denominación |
Centro |
Unidade |
|
Añón Teijido, José Luis |
446 |
Administrador/a |
ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos |
Administración |
|
Arévalo Pías, José Alejandro |
638 |
Administrador/a |
Facultade de Economía e Empresa |
Administración |
|
Blanco Paredes, Fuensanta |
376 |
Xefe/a de negociado de Extensión Universitaria |
Pavillón de Deportes |
Sección de Extensión Universitaria |
|
Carballal Graña, Susana |
477 |
Administrador/a |
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica |
Administración |
|
Dopico López, Antonio |
050 |
Xefe/a de negociado de Asuntos Xerais |
Vicerreitorado - Ferrol |
Unidade de Administración de Centros |
|
Estévez Villalón, Daniel |
699 |
Director/a de biblioteca |
Facultade de Informática |
Biblioteca |
|
Fernández Barreiro, José Manuel |
611 |
Secretaria/o de decanato |
Facultade de Ciencias do Traballo |
Dirección |
|
Fernández Rico, Rocío |
683 |
Secretaria/o de decanato |
Facultade de Humanidades e Documentación |
Dirección |
|
Ferreira Piñeiro, Josefa |
523 |
Bibliotecaria/o |
Edificio de Apoio ao Estudo |
Biblioteca Central Ferrol (Enxeñaría) |
|
Galán Rodríguez, María Susana |
545 |
Xefe/a de negociado de Asuntos Económicos |
Facultade de Ciencias |
Administración |
|
Hermida Calviño, María del Carmen |
464 |
Administrador/a |
ETS de Náutica e Máquinas |
Administración |
|
Leis Fraga, Juan |
428 |
Xefe/a de negociado de Asuntos Económicos |
Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Administración |
|
Lestón Lestón, María Dolores |
084 |
Xefatura de negociado I |
Reitorado |
Servizo de Retribucións, Seguridade Social e Acción Social |
|
Miramontes Villar, María Esther |
567 |
Administrador/a |
Facultade de Ciencias da Educación |
Administración |
|
Mirás Mouro, Marisol |
462 |
Secretaria/o de Dirección |
ETS de Náutica e Máquinas |
Dirección |
|
Pintos Señoráns, Silvia |
696 |
Xefe/a de negociado de Asuntos Económicos |
Facultade de Informática |
Administración |
|
Ramos Guerreiro, Lucía |
673 |
Xefatura de negociado de Asuntos Económicos |
Facultade de Filoloxía |
Administración |
|
Rodríguez Díaz, María Rosa |
595 |
Xefe/a de negociado |
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física |
Administración |
|
Rodríguez Fuentes, Beatriz |
246 |
Xefatura de negociado I |
Casa do Estudantado |
Oficina de Doutoramento da EIDUDC |
|
Sánchez Parada, María del Carmen |
104 |
Xefatura de negociado IV |
Reitorado |
Servizo de Contratación Administrativa |
|
Sánchez Varela, Ana Belén |
563 |
Secretaria/o de decanato |
Facultade de Ciencias da Educación |
Dirección |
|
Yáñez Arribi, María Belén |
740 |
Secretaria/o de instituto universitario |
Instituto Universitario de Medio Ambiente |
Instituto Universitario de Medio Ambiente |
