DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18003

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024, polo que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2025 (DOG núm. 74, do 16 de abril) para cualificar este proceso selectivo

ACORDOU:

Primeiro. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026

Antonio Lamas Fernández
Presidente do tribunal