O tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2025 (DOG número 74, do 16 de abril) para cualificar este proceso selectivo
ACORDOU:
Primeiro. Como consecuencia da estimación dun recurso de alzada presentado contra a Resolución do 8 de outubro de 2025 deste tribunal (DOG número 208, do 28 de outubro), e de conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, determínase o seguinte:
– Anular a pregunta número 15. En consecuencia, valórase a pregunta de reserva número 43.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de 15 puntos, tendo en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
Así pois e de conformidade co disposto na citada base e nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio, aprobados polo tribunal na sesión do día 30 de xullo de 2025, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarán o segundo exercicio pola quenda de promoción interna as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por 4 o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Non obstante, de darse o caso de que o número de aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas netas sexa inferior ao resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata acadar a devandita cifra, sempre que obtivesen o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 15 puntos. Asignaráselle a valoración de 15 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. As persoas aspirantes que non acaden 15 puntos non superan o segundo exercicio e serán declaradas non aptas.
Terceiro. Unha vez feita a corrección dos exames na sesión do 19 de febreiro de 2026, de acordo cos criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 13 aspirantes pola quenda de promoción interna, ao se fixar en 16 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.2 da convocatoria. Así mesmo, acordouse publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio.
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026
Antonio Lamas Fernández
Presidente do tribunal
