Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 35, do 23 de febreiro de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 14527, na base 8.1 debe modificarse a referencia á data do 14 de maio pola do 13 de maio, polo tanto, onde di:
«Base oitava. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española
8.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.d) deberán realizar unha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 14 de maio de 2026, ás 17.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela)».
Debe dicir:
«Base oitava. Proba de acreditación de coñecemento do castelán para persoas que non posúan a nacionalidade española
8.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.d) deberán realizar unha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 13 de maio de 2026, ás 17.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela)».
Na páxina 14528, na base 9.1, debe modificarse igualmente a referencia á data do 14 de maio pola do 13 de maio, polo tanto, onde di:
«Base novena. Acreditación do coñecemento do galego
9.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.c) deberán realizar unha proba.
Sen prexuízo do anterior, estarán exentas tamén de realizar a proba de coñecemento do galego as persoas que se presenten ao proceso selectivo no corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de Lingua Galega e Literatura, as que se presenten pola quenda de promoción interna e teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, e o persoal funcionario de carreira que se presente para a adquisición doutra especialidade.
Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 14 de maio de 2026, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán ao galego».
Debe dicir:
«Base novena. Acreditación do coñecemento do galego
9.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.c) deberán realizar unha proba.
Sen prexuízo do anterior, estarán exentas tamén de realizar a proba de coñecemento do galego as persoas que se presenten ao proceso selectivo no corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de Lingua Galega e Literatura; as que se presenten pola quenda de promoción interna e teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia e o persoal funcionario de carreira que se presente para a adquisición doutra especialidade.
Esta proba, que se levará a cabo de forma escrita, terá lugar o día 13 de maio de 2026, ás 18.30 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela), e consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo IV e nunha tradución do castelán para o galego».
