De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 27 de febreiro de 2026, do proxecto de plan de restauración da concesión de explotación Esperanza núm. 4766.1, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido por CMVMC (Comunidade de Montes Veciñais en Man Común) de Robledo de Domiz.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
