DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2026, do Servizo do Litoral de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de autorización autonómica de ocupacións ou usos no litoral LUC-2025/78 e LUC-2025/79.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da citada Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe do Servizo do Litoral de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo do Litoral de Lugo, do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas na rolda da Muralla, núm. 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Lugo, 27 de febreiro de 2026

O xefe do Servizo do Litoral de Lugo
P.S. (Resolución do 10.2.2026)
David López Valdés
Xefe da Sección Xurídica do Servizo do Litoral de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

LUC-2025/78

33544777J

Trámite de audiencia

LUC-2025/79

33544778Z

Trámite de audiencia