DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 17912

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 3 de marzo de 2026 pola que se dá de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma, por cesamento de actividades, a Escola de Música Municipal de Agolada (Pontevedra).

Mediante a Orde do 26 de outubro de 1998 (DOG do 16 de novembro) autorízase a inclusión da Escola de Música Municipal de Agolada no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) que regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Agolada solicita a súa baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Baixa no rexistro

Dar de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia a Escola de Música Municipal de Agolada, código do centro 36020398.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional