DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 2 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS403B-2024-00000044 e dez máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 11 de xaneiro de 2024.

A través deste anuncio, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; terán á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro dos actos que se notifican.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e que contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso de reposición, ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de política social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións desfavorables de ampliación da axuda económica da Tarxeta Benvida

(procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2024-00000044

48114486G

Resolución do 5.11.2025

BS403B-2024-00005404

44105806V

Resolución do 5.11.2025

BS403B-2024-00005921

35636895M

Resolución do 5.11.2025

BS403B-2024-00005962

04241563H

Resolución do 5.11.2025

BS403B-2024-00007765

Z1784109G

Resolución do 5.11.2025

BS403B-2024-00008650

Z1006593A

Resolución do 21.1.2026

BS403B-2024-00009732

55346190W

Resolución do 14.10.2025

BS403B-2024-00011153

34311422E

Resolución do 5.11.2025

BS403B-2024-00012086

Z2124655N

Resolución do 20.11.2025

BS403B-2024-00012155

Z0133623K

Resolución do 9.1.2026

BS403B-2024-00012622

71517337X

Resolución do 5.11.2025