Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométense a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Axpo Storage ES3, S.L.
Denominación: sistemas de almacenamento Axpo Storage Porriño 1, Axpo Storage Porriño 2 e Axpo Storage Porriño 4 e as correspondentes LSMT a 15 kV ata a subestación de Atios.
Concello afectado: O Porriño.
Potencia máxima de funcionamento para cada sistema de almacenamento: 5 MW (15 MW en total).
Características técnicas recollidas nos proxectos:
Sistemas de almacenamento de 5 MW Axpo Storage Porriño 1:
– 6 contedores destinados para albergar as baterías baseadas na tecnoloxía Lithium Iron Phosphate (LFP) en modalidade stand-alone, cunha capacidade de enerxía utilizable de 4,8 MWh cada un. Cada contedor de baterías componse por 12 rack e dous inversores (convertidores) Freemaq PCSK Frame 3 FP3290K 690 V de 3.055 kVA, cunha potencia instalada limitada electronicamente cada un a 2,5 MW.
– Transformador de 6 MW (limitado electronicamente a 5 MW), con relación de transformación 0,69/15 kV.
– Liña de interconexión subterránea de 15 kV, entre o transformador e o centro de seccionamento, de 31 metros de lonxitude.
– Centro de seccionamento, control e medida Axpo Storage Porriño 1.
– A planta Axpo Storage Porriño 1 conectarase á rede de distribución mediante unha liña subterránea de 15 kV ata a subestación SET Atios, punto de conexión propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., mediante cable illado RHZ1-20L 12/20 1×240 mm² K Al + H16, dunha lonxitude de 1.195 metros.
Orzamento de execución material: sistema de almacenamento de 5 MW Axpo Storage Porriño 1: 4.003.334,94 € e LSMT 15 kV: 255.233,64 €.
Sistemas de almacenamento de 5 MW Axpo Storage Porriño 2:
– 6 contedores destinados para albergar as baterías baseadas na tecnoloxía Lithium Iron Phosphate (LFP) en modalidade stand-alone, cunha capacidade de enerxía utilizable de 4,8 MWh cada un. Cada contedor de baterías componse por 12 racks e dous inversores (convertidores) Freemaq PCSK Frame 3 FP3290K 690 V de 3.055 kVA, cunha potencia instalada limitada electronicamente cada un a 2,5 MW.
– Transformador 6 MW (limitado electronicamente a 5 MW), con relación de transformación 0,69/15 kV.
– Liña de interconexión subterránea de 15 kV, entre o transformador e o centro de seccionamento de 47 metros de lonxitude.
– Centro de seccionamento, control e medida Axpo Storage Porriño 2.
– A planta Axpo Storage Porriño 2 conectarase á rede de distribución mediante unha liña subterránea de 15 kV ata a subestación SET Atios, punto de conexión propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., mediante cable illado RHZ1-20L 12/20 1×240 mm² K Al + H16, dunha lonxitude de 1.200 metros.
Orzamento de execución material: sistema de almacenamento de 5 MW Axpo Storage Porriño 2: 3.942.786,84 € e LSMT 15 kV: 255.682,74 €.
Sistemas de almacenamento de 5 MW Axpo Storage Porriño 4:
– 6 contedores destinados para albergar as baterías baseadas na tecnoloxía Lithium Iron Phosphate (LFP) en modalidade stand-alone, cunha capacidade de enerxía utilizable de 4,8 MWh cada un. Cada contedor de baterías componse por 12 racks e dous inversores (convertidores) Freemaq PCSK Frame 3 FP3290K 690 V de 3.055 kVA, cunha potencia instalada limitada electronicamente cada un a 2,5 MW.
– Transformador 6 MW (limitado electrónicamente a 5 MW), con relación de transformación 0,69/15 kV.
– Liña de interconexión subterránea de 15kV, entre o transformador e o centro de seccionamento de 49 metros de lonxitude.
– Centro de seccionamento, control e medida Axpo Storage Porriño 4.
– A planta Axpo Storage Porriño 4 conectarase á rede de distribución mediante unha liña subterránea de 15 kV ata a subestación SET Atios, punto de conexión propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., mediante cable illado RHZ1-20L 12/20 1×240 mm² K Al + H16, dunha lonxitude de 1.220 metros.
Orzamento execución material: sistema de almacenamento de 5 MW Axpo Storage Porriño 4: 4.011.273,28 € e LSMT 15 kV: 257.479,14 €.
Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.
Procedemento de avaliación ambiental: os proxectos das referidas instalacións eléctricas están suxeitos a avaliación de impacto ambiental conxunta segundo o establecido no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e polo Real decreto 445/2023, do 13 de xuño, polo que se modifican os anexos I, II e III da Lei 21/2013, do 9 de decembro.
O que se fai público, de conformidade cos artigos 115 e 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación e presentar as súas alegacións, no prazo de trinta días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, con teléfono de consultas: 986 80 52 25. Tamén, os proxectos das instalacións poderán consultarse no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
Pontevedra, 10 de febreiro de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
