DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 17 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2025/250-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT e ITC Lago de Rubiáns.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas:

– Instalación dun interruptor-seccionador telecontrolado e dun paso aéreo subterráneo no apoio 9V7A5F1D//54-11 (C-2000/14) da liña de media tensión aérea (LMTA) VAR817B.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150) mm² Al, de 593 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo subterráneo no apoio 9V7A5F1D//54-11 C-2000/14 e final no centro de transformación proxectado Lago de Rubiáns.

– Centro de transformación a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36060A046005670000GT.

– Retensado do van comprendido entre os apoios 9V8CS4NK//54-10 e 9V7A5F1D//54-11 (139 metros de condutor LA-56).

A instalación está situada en Rubiáns, na parroquia de Santa María de Rubiáns, no municipio de Vilagarcía de Arousa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2025/250-4.

Denominación: LMTS, CT e ITC Lago de Rubiáns.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio (m2)

Servidume

Apoio/CT

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Lago

Rústico

36060A046005670000GT

Isaura Blanco Arca

CT

34,80

-

-