DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18154

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Calvelo-16

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

Secundino Pichel Cespón, con DNI ***8503** e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Calvelo-16, por medio deste anuncio convoco, o próximo día 22 de marzo de 2026, na nave de depósitos da dita comunidade, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral extraordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, se é o caso, do que proceda.

1º. Lectura da acta da sesión anterior e a súa aprobación, se procede.

2º. Proposta da renovación dos estatutos e a súa aprobación, se procede:

3º. Proposta da novación da concesión de augas para o abastecemento (clave A. 36.02059) e a súa aprobación, se procede.

4º. Rolda aberta de intervencións.

Tenorio, Cerdedo-Cotobade, 17 de febreiro de 2026

Secundino Pichel Cespón
Presidente da Comunidade de Usuarios
de Augas de Calvelo-16