En aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publícase a referencia dun expediente e as referencias catastrais de varias parcelas en situación de risco de incendio, das que o titular resulta descoñecido ou resultou infrutuosa a notificación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, ordenando expresamente a execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución subsidiaria atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
|
Expediente |
Titular |
Referencia catastral |
Superficie afectada dentro da faixa de 50 m de contorna á parcela 362 |
|
1184/2025 |
En investigación |
36036A037006070000QQ |
839,64 |
|
1184/2025 |
En investigación |
36036A037005890000QD |
197,74 |
|
1184/2025 |
En investigación |
36036A037003660000QD |
1.625,00 |
|
1184/2025 |
En investigación |
36036A037003650000QR |
204,47 |
|
1184/2025 |
En investigación |
36036A037003590000QM |
148,14 |
|
1184/2025 |
Descoñecido |
36036A037005900000QK |
354,73 |
|
1184/2025 |
Hros. de Noe Álvarez Pombal |
36036A037003630000QO |
194,33 |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 17 de febreiro de 2026
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa
