DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da proposta para deixar sen efecto a convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de diplomado/a en enfermaría (incluída na OEP 2021) (expediente 45808/220).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) do 4 de marzo de 2026 publicouse o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 20 de febreiro de 2026, que deixa sen efecto a convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de diplomado/a en enfermaría (incluída na OEP 2021), acordada na Resolución do 7 de maio de 2025 e publicada no Boletín Oficial del Estado (BOE) núm. 123, do 22 de maio.

Vigo, 4 de marzo de 2026

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación,Recursos Humanos e Formación

P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal