ORV Contrataciones de Galicia, S.L., solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:
Solicitante: ORV Contrataciones de Galicia, S.L.
Expediente: DH.W36.108107.
Concello: Vilagarcía de Arousa.
Descrición das obras: construción de edificio de 2.527,93 m² de superficie en planta, composto de soto para aparcamento e rochos, planta baixa destinada a uso comercial e vivendas e cinco plantas e áticos destinados a vivendas, na parcela con referencia catastral 9859801NH1195N0001HG e na zona inundable do río do Con (codrío: 248).
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, nº 3, 4º andar, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, previa cita no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.
Vigo, 3 de marzo de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
