DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 13 de marzo de 2026 Páx. 18132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Marín (expediente DH.A36.111613).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Marín.

Expediente: DH.A36.111613.

Volume total anual: 2.210.043,00 m3/ano.

Destino: abastecemento.

Orixe: vinte e cinco (25) mananciais M1 a M27 (M5 e M13 inexistentes).

M1 a M4 nas parcelas 470, 604, 602 e 600, polígono 12, respectivamente.

M6 e M7 nas parcelas 523 e 527, polígono 13.

M8 na parcela 9001, polígono 10.

M9, M10 e M11 nas parcelas 874, 780 e 655, polígono 12.

M12 na parcela 402, polígono 13.

M14 na parcela 561, polígono 10.

M15, M16 e M17 nas parcelas 527, 117 e 1139, polígono 10.

M18 e M19 na parcela 1140, polígono 10.

M20 a M27 nas parcelas 44, 74, 706, 304, 305, 697, 343 e 345, polígono 20.

Todas do Catastro de Marín.

Lugar: Monte Pedra Longa, Campo Chapado, Outeiro da Graña, Castiñeiras e Cadrelo.

Parroquia: Marín (San Xián).

Concello: Marín.

Descrición:

A auga dos mananciais M1 a M19 reúnese para conducila a un depósito na parcela 417, polígono 3. A de M20 a M27 diríxese a un depósito na parcela 14, polígono 21. De ambos os depósitos parten redes distribución que abastecen núcleos de poboación do concello. Ademais, é posible derivar auga cara a outros tres depósitos na parcela 356, polígono 6, na parcela 358, polígono 6, e na parcela 1091, polígono 13, para abastecer outros núcleos deste mesmo concello.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 30 de outubro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur