DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de marzo de 2026 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas, por comparecencia, nun expediente de reclamación de débeda por non pagamento dunha vivenda de promoción pública e outras causas (expediente OR-91501:90).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servicio de Fianzas e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoa/s interesada/s

Acto obxecto de notificación

OR-91501:90

Comunidade hereditaria de José Ramón Taboada Domínguez e Esperanza Tallón Pérez

Notificación da liquidación da débeda correspondente á vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse ningún recurso.