DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo e das bases reguladoras derivadas da oferta de emprego público ordinaria para o 2025.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 34, do 20 de febreiro de 2026, publicouse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Celanova derivado da oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2025 para a selección e posterior contratación laboral fixa dun/dunha operario/a do polideportivo.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria, que tivo lugar o 4 de febreiro de 2026, aprobouse a convocatoria do proceso selectivo e as bases reguladoras do proceso selectivo que se sinala a seguir:

Denominación da praza; grupo; sistema de selección; nº de prazas; xornada: operario/a polideportivo; V; concurso-oposición libre; 1; completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE) de acordo co establecido nas bases reguladoras. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Celanova, 20 de febreiro de 2026

Antonio Puga Rodríguez
Alcalde