Na sesión realizada polo Xurado Provincial o día 19.2.2025 figura o seguinte acordo:
Monte Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro, pertencentes aos veciños de Vilacampa, concello do Valadouro. Expediente Valadouro/31_79/2025_45RE.
O 7.8.2025 tivo entrada unha solicitude da Comunidade de Vilacampa para que se proceda á revisión de esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan. Logo de serlles requirido, a proposta foi emendada o 4.10.2025, por alterar o límite con outro monte veciñal e excluír, de forma inxustificada, predios da titularidade da Comunidade de Vilacampa.
O 26.11.2025, o Xurado ditou a resolución pola que se aprobou a revisión de esbozo deste monte, conforme o informe e planos elaborados polo Servicio de Montes. Esta resolución foi publicada no DOG do 15.12.2025.
O 10.12.2025 tivo entrada un recurso de reposición, presentado por Celestino Rey García. En síntese, expón que a parcela con referencia catastral 27063A00200129 é de propiedade particular e solicita a súa exclusión do esbozo do MVMC Esculca, Barreira Moura, Cabaleiros e Rego do Madeiro.
Examinado o recurso de reposición, o Xurado, por unanimidade, acorda desestimalo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.
Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 25 de febreiro de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
