IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios.
Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto de 2025, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 46633, na descrición do tema 44, onde di: «Real decreto 2116/1997, do 18 de xullo», debe dicir: «Real decreto 1216/1997, do 18 de xullo».