DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18265

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se abre o prazo para modificar os ámbitos e os datos persoais facilitados nas solicitudes de inclusión das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor ou xerocultora (subgrupo C2).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 12 de marzo de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 17734, no punto segundo, onde di:

«Así mesmo, tamén poderán presentar as ditas solicitudes as persoas que presentaron a solicitude nas categorías laborais 43 e 44 de persoal laboral do grupo IV desde o 19 de marzo ao 30 de abril do 2019 e que figuraban exentas de presentar a solicitude no ano 2021, segundo o punto 1.2 da Resolución do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor ou xerocultora».

Debe dicir:

«Así mesmo, tamén poderán presentar as ditas solicitudes as persoas que presentaron a solicitude nas categorías laborais 43 e 44 do persoal laboral do grupo IV desde o 19 de marzo ao 30 de abril de 2019, ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019 (DOG do 18 de marzo)».