DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18382

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2026/27 (códigos de procedemento BS404A e BS404B).

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23 do seu Estatuto de autonomía.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu artigo 3 os obxectivos do sistema galego de servizos sociais, incluíndo entre estes o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e que posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

Así mesmo, a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, establece no seu artigo 49.1 que a Administración autonómica garantirá a calidade e o carácter inclusivo dos recursos de educación infantil 0-3, avanzará na súa universalización e gratuidade e promoverá unha dotación suficiente de prazas e os recursos para facer efectivas as posibilidades de acceso, permanencia e promoción de toda a poboación infantil a esta etapa educativa, preferentemente en centros públicos.

Na súa consecución, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, na súa disposición adicional novena prevé, tras a última modificación introducida pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, a extensión da medida de gratuidade da atención educativa nas escolas infantís 0-3 para todas as nenas e nenos matriculados nestes centros.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten como misión primordial a participación na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local, con especial atención na xestión integral das escolas infantís e na atención educativa e asistencial ás nenas e nenos menores de tres anos na forma de recursos, equipamentos, proxectos, programas e prestacións, e no ámbito territorial dos municipios que o compoñen, co obxecto de garantir o acceso de todas as galegas e galegos a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente, que contribúa a reforzar a igualdade de oportunidades na utilización da rede social de atención, segundo o disposto no artigo 6 dos estatutos do consorcio.

Conforme o exposto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (en diante, o Consorcio) para o curso 2026/27 (código BS404A para solicitudes de novo ingreso e código BS404B para solicitudes de renovación).

Artigo 2. Requisitos para ser adxudicataria/o

Serán requisitos para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio para o curso 2026/27:

a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.

b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2026. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos as nenas e os nenos con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo co Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que as familias que xa escolarizaran unha filla ou fillo no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede pública autonómica A Galiña Azul, que comprende as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Socias e do Consorcio, deberán estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Artigo 3. Orde de adxudicación das prazas

1. O procedemento ordinario de adxudicación das prazas nos centros do consorcio realizarase, directamente, pola seguinte orde preferente de solicitude:

a) Para as nenas e os nenos escolarizados durante o curso 2025/26 en calquera das escolas infantís do consorcio terán dereito á renovación automática da súa praza na quenda en que estiveran escolarizadas/dos sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2 e sempre que estiveran matriculadas/dos no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2026, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do Regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio (en diante, RRI).

As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude, de haber prazas vacantes no horario solicitado. De haber máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.a) do RRI.

Naqueles centros en que por carecer de demanda suficiente se reduzan os horarios, o antedito alumnado con dereito á renovación de praza en xornada de tarde poderá renovala para o mesmo centro en xornada de mañá.

b) Para as nenas e nenos xa escolarizados nunha escola infantil da rede A Galiña Azul, que as súas familias xustifiquen un cambio de domicilio e/ou de lugar de traballo, terán dereito preferente a solicitar unha praza en calquera das escolas infantís da dita rede sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola establecido na letra a), existan prazas vacantes suficientes.

c) Para as nenas e nenos para os que se solicite novo ingreso en calquera das escolas infantís do Consorcio, seguirán a seguinte orde de adxudicación:

1º. As fillas e os fillos do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes do consorcio, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo unha das persoas proxenitoras ou ambas, a persoa acolledora ou a persoa titora legal.

2º. As nenas e os nenos con irmá ou irmán con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

3º. As nenas e nenos con medidas administrativas de tutela ou garda pola Consellería de Política Social e Igualdade en situación de acollemento familiar.

4º. As nenas e nenos, fillas ou fillos de mulleres vítima de violencia de xénero.

5º. As prazas que queden vacantes por non se cubriren por calquera dos supostos previstos nos catro números ordinais anteriores adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo IV. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para a adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do RRI:

En primeiro lugar obterán praza nas escolas as/os nenas/os empadroados no concello en que se sitúe a escola. En segundo lugar, de existiren prazas vacantes, poderán obter praza as/os fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello en que se localice a escola. En terceiro lugar, poderán acceder tamén persoas dos concellos limítrofes.

2. Con carácter excepcional habilitarase un procedemento extraordinario nos supostos que se relacionan, nos cales se realizará a adxudicación das prazas pola seguinte orde:

a) Para os ingresos urxentes reservarase, polo menos, unha praza por cada grupo de idade e, como máximo, unha por unidade aberta.

Terán a consideración de ingresos urxentes os seguintes casos:

1º. As nenas e nenos tuteladas/os ou en situación de garda pola Consellería de Política Social e Igualdade.

2º. As fillas e fillos das mulleres que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero.

3º. Aqueloutros en que concorran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

b) As solicitudes presentadas pasado o prazo establecido no primeiro parágrafo do artigo 8.2 serán adxudicadas, en todo caso, segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo IV. Nestes supostos, o procedemento de adxudicación levarase a cabo nos baremos extraordinarios de setembro e decembro, segundo o previsto no artigo 20 do RRI.

Nestes supostos, a adxudicación estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro para o que se solicita praza.

3. As solicitudes presentadas por un cambio de concello de residencia ou de traballo da unidade familiar, ou por un cambio de domicilio ou lugar de traballo da unidade familiar dentro do mesmo concello, con praza de novo ingreso adxudicada nunha escola infantil da rede pública autonómica A Galiña Azul, considéranse traslados de centro e, de non existir prazas vacantes no novo centro solicitado dependente do consorcio, serán integradas na lista de agarda con carácter preferente sobre as que concorran ás vacantes resultantes do procedemento ordinario segundo o establecido no número 1.c).5º.

De haber máis dunha solicitude nestas circunstancias, a adxudicación realizarase segundo a data da súa presentación en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 4. Calendario e horario de apertura das escolas infantís

1. Nas escolas infantís 0-3 a que se refire esta resolución, o curso escolar dará comezo o venres 4 de setembro de 2026.

Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e permanecerán pechados os días 24 e 31 de decembro. Ademais permanecerán pechados os días 28, 29 e 30 de decembro de 2026.

As escolas pecharán ás 15.00 horas os días 5 de xaneiro e Martes de Entroido. No caso de escolas infantís situadas en concellos en que o día 9 de febreiro, Martes de Entroido, sexa festividade local poderán pechar ás 15.00 horas, o luns día 8 de febreiro.

De ser o caso, as nenas e nenos deberán ser recollidos ás 15.00 horas os días en que se celebren festas na escola en horario de tarde que exixan a participación do persoal e que estean previstas na programación anual.

Así mesmo, con carácter xeral, todas as escolas infantís permanecerán pechadas durante o mes de agosto correspondente ao curso 2026/27.

Excepcionalmente, no mes de agosto de 2027, a Xerencia poderá acordar a prestación do servizo nun determinado número de escolas de garda podendo establecer un sistema rotativo entre aquelas radicadas nun mesmo concello ou atendendo a unha distribución zonal para o resto das escolas.

Os centros que eventualmente poidan permanecer abertos serán determinados pola Xerencia atendendo ao número de solicitudes debidamente xustificadas con base en motivos laborais ou enfermidades graves.

Para a apertura da escola de garda será necesaria unha demanda de prazas que permita crear, polo menos, unha unidade internivelar (15 nenas/os de entre 0-3 anos).

O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2026/27.

En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia da nena ou do neno durante os 12 meses do ano. En tales circunstancias deberase formular unha solicitude cunha antelación mínima dun mes, agás causas sobrevidas que o impidan. Esta solicitude será estudada e, se procede, autorizada pola Xerencia Adxunta de Escolas Infantís do Consorcio. A ausencia de resposta no prazo de 10 días suporá a desestimación da solicitude.

2. O horario de apertura das escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio para o curso 2026/27 e a relación delas xunto cos seus enderezos pode consultarse no anexo VI e nas páxinas web: https://sede.xunta.gal, https://politicasocial.xunta.gal e https://www.igualdadebenestar.org

As franxas horarias, tanto de apertura como de peche dos centros contempladas no anexo VI, poderán ser modificadas atendendo á demanda existente.

En ningún caso a/o nena/o que sexa recollida/o en último lugar non poderá exceder a súa permanencia na escola máis alá de 30 minutos despois da saída do resto das nenas e nenos.

As persoas usuarias dentro do horario de apertura e peche do centro, poderán optar polos seguintes tipos de xornadas:

1. Xornada completa, coas seguintes modalidades:

a) Continua: aquela en que a nena ou o neno permanece na escola ata o máximo de oito horas, sen solución de continuidade.

b) Partida: aquela en que a nena ou o neno permanece na escola ata o máximo de 8 horas, con solución de continuidade. Neste caso, o tempo de permanencia na escola, con carácter xeral, non poderá ser inferior a 3 horas tanto na xornada de mañá como na xornada de tarde.

c) Por quendas: aquela en que por motivos persoais ou laborais dos proxenitores ou representante legal da nena ou do neno debidamente acreditados, esta/e asiste semanas alternas en horarios distintos.

2. Media xornada: aquela que, cun horario diario mínimo de tres horas e máximo de catro, se desenvolvan en xornada de mañá con ou sen servizo de comedor, ou en xornada de tarde, con independencia da potestade organizativa do centro.

A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as oito horas diarias dentro da xornada pola que opte, agás cando, por circunstancias excepcionais debidamente acreditadas, teña que permanecer un tempo superior ao máximo establecido. Estes supostos, serán estudados e, de ser o caso, autorizados pola Xerencia Adxunta para Escolas Infantís.

3. A Xerencia do Consorcio poderá autorizar tempos de reunión para o persoal das escolas dentro do horario de apertura destas. As direccións das escolas infantís deberán informar as familias das datas e horas en que as ditas reunións teñan lugar no momento de matriculación das nenas e nenos.

Artigo 5. Prestacións das escolas infantís

1. As persoas usuarias que soliciten praza para unha das escolas infantís 0-3 do Consorcio poden optar por unha das seguintes modalidades de servizo:

a) Atención educativa con comedor.

b) Atención educativa sen comedor.

A opción dos servizos elixidos farase constar na solicitude e manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

2. O horario para o alumnado que opte pola modalidade de servizo prevista na letra b) do número anterior será o establecido polo centro con base nos seus criterios organizativos de funcionamento.

3. As nenas e nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos sempre que se comunique á Dirección do centro con antelación suficiente e aboen o prezo estipulado.

Artigo 6. Prezos para os servizos complementarios das escolas infantís

1. Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias para o curso 2026/27 serán os establecidos na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais para os servizos complementarios, ao ser gratuíta a atención educativa para todo o alumnado solicitante.

2. Aboaranse once mensualidades por curso, agás nos casos establecidos na devandita normativa de prezos.

3. A non asistencia á escola infantil durante un determinado período non supón redución nin exención ningunha do pagamento das cotas correspondentes aos servizos complementarios, agás nos casos establecidos na dita normativa de prezos.

Artigo 7. Regras para a determinación do importe do prezo público aplicables aos servizos complementarios

Para a determinación do importe mensual do prezo público que se debe aboar polos servizos complementarios utilizados nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio, teranse en conta as especificacións recollidas na normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais.

Para estes efectos tomarase para o cálculo da cota a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF) do último período impositivo con prazo de prestación vencido no momento de prestación da solicitude.

Artigo 8. Forma, lugar e prazo para a presentación das solicitudes

1. As solicitudes para a renovación de praza (procedemento BS404B) do alumnado escolarizado durante o curso 2025/26, e as solicitudes de novo ingreso (procedemento BS404A) presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado anexo V e anexo I respectivamente, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No impreso de solicitude (anexo I) poderá solicitarse praza para máis dunha escola, indicando a orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na escola que se indique como primeira opción.

Os impresos estarán dispoñibles ademais no enderezo electrónico https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo para a presentación das solicitudes no procedemento ordinario, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 7 de abril de 2026.

O prazo para a presentación das solicitudes que se presenten ao abeiro do disposto no artigo 3.2.b) finalizará o 12 de marzo de 2027.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Para a renovación de praza, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo V procedemento BS404B) o anexo III, no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.

2. Para novo ingreso as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (anexo I procedemento BS404A):

a) Anexo III, no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.

b) Xustificante de ocupación das persoas proxenitoras ou ambas, da persoa titora legal ou persoa acolledora actualizada no caso de persoas traballadoras que non estean dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

c) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes, que en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, só nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.

d) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

e) Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia da nena ou do neno para quen se solicita praza, se é o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un Equipo de Valoración e Orientación da Consellería de Política Social e Igualdade, no caso das nenas e dos nenos con necesidades específicas de apoio educativo.

g) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

h) Resolución da declaración de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez.

i) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo nos supostos en que este fora de aplicación, que se relacionan:

1º. Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia das persoas proxenitoras ou ambas, da persoa acolledora, persoa titora legal, ou outros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2º. Certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma.

3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

4º. Certificado que acredite a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo, ou a condición de persoa adestradora, técnica, xuíz/a ou árbitro/a de alto nivel deportivo recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia.

j) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada pola/o letrada/o da Administración de Xustiza.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

7º. Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

k) Certificado de empadroamento da nena ou do neno e dunha das persoas proxenitoras ou representante legal expedido polo concello en que residan (con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).

l) Certificado da empresa ou da institución correspondente, nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algunha das persoas proxenitoras ou representante legal da nena ou do neno traballe no concello en que se localice aquela.

ll) No caso de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radique a escola, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, achegarase o certificado de empadroamento do concello do que procede.

3. A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas letras b), e), f), i), j) do número anterior dentro do prazo de presentación da solicitude e emenda suporá a non valoración de calquera das circunstancias alegadas neles na correspondente epígrafe do baremo que se recolle no anexo IV, nos supostos nos que sexan de aplicación.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos BS404B e BS404A consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do IRPF, da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude.

c) Certificado de empadroamento da persoa solicitante, da persoa cónxuxe ou parella e do menor para o que se solicita a praza, só no caso de solicitudes de novo ingreso, procedemento BS404A.

2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, procedemento BS404A, consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade da nena ou do neno para quen se solicita praza expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Certificado de recoñecemento do grao e nivel de dependencia da nena ou do neno para quen se solicita praza expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Resolución de acollemento ou garda con fins adoptivos da nena ou do neno para quen se solicita praza formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Certificado de alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante e da/do cónxuxe ou parella.

e) Certificado de estar inscrita como demandante de emprego a persoa solicitante e a/o cónxuxe ou parella, a data do día anterior ao da publicación desta resolución, de ser o caso.

f) Certificado de discapacidade dunha das persoas proxenitoras ou ambas, persoa acolledora ou persoa titora legal expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Certificado de recoñecemento do grao e nivel de dependencia dunha das persoas proxenitoras ou ambas, persoa acolledora ou persoa titora legal expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Certificado de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte da solicitude, que dispón do documento asinado pola persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, en que autoriza á comprobación dos datos desta última, conforme o modelo do anexo II. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.

Así mesmo, no caso de que a persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso, se opoña á comprobación de datos, farao constar na dita declaración responsable e, consecuentemente, presentará os documentos que os acrediten.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Instrución do procedemento

As direccións das escolas infantís que xestionen este procedemento, como órganos responsables da súa tramitación, comprobarán que as solicitudes reúnen os requisitos recollidos nesta resolución. De non ser así, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A dirección do centro e a persoa titular da Xerencia Adxunta de Escolas Infantís do consorcio poderán reclamar en calquera momento todos aqueles datos que coiden precisos para unha realización máis eficaz da súa función e a súa debida acreditación documental.

Artigo 13. Avaliación das solicitudes

1. A adxudicación de praza efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo IV. No caso de obter igual puntuación, terán preferencia, en primeiro lugar, as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e despois as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

2. Aplicaráselles a todas as solicitudes recibidas un procedemento de valoración. Con tal fin constituirase o Consello Escolar de cada centro, conforme ao previsto no artigo 7.C) do RRI.

3. A relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas farase pública o día 6 de maio de 2026 e poderase consultar nas páxinas web do Consorcio: https://www.igualdadebenestar.org, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Artigo 14. Reclamacións

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos 5 días hábiles posteriores á data da exposición pública da relación provisional.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 15. Resolución do procedemento

1. Correspóndelle á Xerencia do Consorcio, unha vez comprobadas as reclamacións presentadas contra a relación provisional, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figurará a puntuación obtida.

A relación definitiva de adxudicación de prazas coa puntuación, poderase consultar desde o día 29 de maio de 2026 nas páxinas web do Consorcio: https://www.igualdadebenestar.org así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

2. A nena ou o neno adxudicatario/a dunha praza pública nunha escola infantil do Consorcio non poderá ser adxudicatario/a doutra praza pública das escolas infantís da rede pública autonómica A Galiña Azul.

3. Con carácter xeral, o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento previsto nesta convocatoria será de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou desde a entrada da solicitude no rexistro nos casos de solicitudes non sometidas a baremo. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes daranse por desestimadas.

4. Na relación definitiva de admisión tamén estarán incluídas as solicitudes presentadas pasado o prazo establecido no artigo 8.2, relativas a nacemento, acollemento ou adopción da nena ou do neno con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, coa xustificación que proceda e que tiveran entrada con anterioridade á data de publicación da relación provisional.

5. Sen prexuízo do disposto no número 3, no suposto de ingresos urxentes do artigo 3.2.a) a resolución do procedemento correspóndelle á Xerencia Adxunta para Escolas Infantís, nun prazo de cinco (5) días (hábiles) dende a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen que se dite resolución expresa, a solicitude darase por desestimada.

6. As resolucións ditadas neste procedemento non esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso de alzada perante a Presidencia do Consorcio no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

A resolución da Presidencia esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses dende o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución é presunta, a interposición deste recurso caberá en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 16. Publicación e notificación

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación así como as correspondentes resolucións, sen prexuízo do disposto no artigo 46 da mesma lei. Esta publicación producirá os efectos de notificación. Así mesmo, de forma complementaria poderase efectuar a notificación de todos os actos administrativos de acordo co reflectido nos parágrafos seguintes:

a) As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

b) A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

c) No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

d) De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo electrónico e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

e) As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

f) Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Matrícula

1. As persoas que obteñan praza disporán de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de adxudicación, para presentar o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa copia da cartilla de vacinación da nena ou neno a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e poden acceder á Carpeta cidadá da persoa interesada, ou no centro onde obtivesen a dita praza.

O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza, en caso contrario, a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

2. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web: https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal

Artigo 18. Lista de espera

1. A lista de espera estará constituída polas persoas solicitantes que non obteñen praza pública, ordenadas segundo a puntuación acadada no baremo de admisión, en cada grupo de idade.

2. Para a xestión da lista de agarda e cobertura das prazas vacantes estarase ao previsto no artigo 21 do RRI.

3. As solicitudes que se presenten pasado o prazo fixado nesta convocatoria nos casos establecidos no número 2.b) do artigo 3 debidamente xustificadas serán valoradas nos procedementos extraordinarios segundo o previsto no RRI e, no caso de non podérselles adxudicar unha praza, incluiranse na lista de agarda segundo a puntuación obtida.

4. Na relación definitiva da lista de espera tamén estarán incluídas as solicitudes presentadas pasado o prazo establecido no artigo 8.2, relativas a nacemento, acollemento ou adopción do neno ou da nena con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, coa xustificación que proceda e que teñan entrada con anterioridade á data de publicación da relación provisional.

5. Consonte o establecido no artigo 19.5 do RRI naqueles concellos con máis dunha escola infantil, no caso de producirse unha vacante unha vez rematado o prazo ordinario de matrícula e sempre que a crianza a quen lle correspondese cubrir a vacante non teña superado o proceso de adaptación no centro onde inicialmente fose matriculada, a dita vacante poderá ser cuberta por aquela crianza que por estrita orde de puntuación que solicitase ese centro como primeira preferencia aínda que estivese xa matriculada noutro centro dese mesmo concello. De aceptar a praza a crianza causará baixa inmediata na escola onde inicialmente estivese matriculada.

Artigo 19. Revisión do prezo

O prezo fixado inicialmente para os servizos complementarios, de acordo coa normativa de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades do sector público autonómico de servizos sociais, revisarase nos seguintes casos:

a) Modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) Variación no número de membros da unidade familiar.

Para estes efectos, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar á Xerencia Adxunta de Escolas Infantís, calquera variación que se produza nos supostos que deron lugar ao cálculo do prezo público que se lle aplica.

A modificación do prezo será resolta pola Xerencia Adxunta de Escolas Infantís e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 20. Baixas

1. Será causa de baixa na escola infantil:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das persoas proxenitoras ou representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido polos servizos complementarios durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.

g) Incumprimento das normas de funcionamento do centro e do respecto debido ao persoal.

2. Naqueles casos nos que se produza unha falta de asistencia prolongada, deberá presentarse cunha periodicidade mensual a documentación acreditativa da causa que a produce. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

3. As baixas motivadas polo establecido na alínea e) do número 1 serán resoltas pola Xerencia do Consorcio, por proposta da Xerencia Adxunta para Escolas Infantís, unha vez oída a Dirección do centro ao que asiste a alumna ou alumno e realizado o trámite de audiencia da/das persoa/s interesada/s. O prazo de resolución será de dous meses desde o inicio do expediente. Nos demais supostos aprobarase a baixa por resolución da Xerencia Adxunta para Escolas Infantís, por delegación do xerente do Consorcio.

Contra as resolucións ditadas no procedemento anterior será de aplicación o establecido no artigo 15.6 desta resolución.

4. As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que figuren nese momento en lista de espera en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 21. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten os códigos BS404A e BS404B, poderase obter documentación normalizada ou información na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no portal da Consellería de Política Social e Igualdade https://politicasocial.xunta.gal, no portal do Consorcio https://www.igualdadebenestar.org e no teléfono 012.

Disposición adicional primeira. Flexibilización do período de escolarización para nenas e nenos con necesidades específicas de apoio educativo

As familias das/dos alumnas/os con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) que excedan do límite de idade establecido no artigo 2, estivesen ou non escolarizados/as durante o curso 2025/26, poderán solicitar a súa permanencia ou acceso á escola infantil 0-3 un curso máis, para o que deberán presentar a correspondente solicitude de praza.

Xunto coa dita solicitude deberán achegar o informe das/dos profesionais que levan o seguimento da nena ou neno, tales como o da unidade de atención temperá, da unidade de rehabilitación ou o do servizo de pediatría correspondente.

Para o suposto de nenas/os de NEAE xa escolarizados a dirección da escola elaborará un informe de observación e seguimento da nena ou do neno e realizará unha valoración sobre a pertinencia da súa permanencia na escola infantil, tendo en conta a súa evolución, as consideracións da familia e os informes doutras/os profesionais.

En ambos os dous casos, a escola remitirá a solicitude xunto co resto da documentación á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o seu traslado ao equipo de orientación específico, que emitirá o correspondente ditame de escolarización.

No caso de que o ditame de escolarización sexa favorable, a Xerencia do Consorcio emitirá a resolución de permanencia do alumno/a na escola infantil 0-3 para o curso escolar solicitado.

Paralelamente, a familia deberá solicitar praza para o segundo ciclo de educación infantil nun centro que imparta este nivel educativo dentro dos prazos anuais establecidos para estes efectos pola Consellería de Cultura, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Deste xeito, asegurará a escolarización nun centro da súa elección no caso de que o ditame de escolarización sexa desfavorable á flexibilización do período de escolarización nunha escola infantil 0-3.

Con carácter xeral todas/os as/os nenas/os con necesidades específicas de apoio educativo incorporaranse no grupo que lle corresponde atendendo á súa idade cronolóxica. Excepcionalmente poderán ser situados noutro grupo considerando a súa idade madurativa segundo as recomendacións explicitadas nos informes das e dos profesionais que fan o seguimento e a valoración da nena ou do neno.

Disposición adicional segunda. Ratios nenas/os con necesidades específicas de apoio educativo

No caso de integrarse nenas e nenos con necesidades específicas de apoio educativo, con carácter xeral, non poderá haber máis dunha alumna ou alumno con estas necesidades por aula. Para os efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Disposición adicional terceira. Prioridade no acceso en peches de escolas subvencionadas

No caso de que se produza o peche dalgunha escola infantil, que teña subvencionada a atención educativa pola Xunta de Galicia, como consecuencia dunha expropiación forzosa ou por outra causa motivada pola administración, as nenas/os que neste centro terían dereito á renovación de praza poderían optar a renovar praza en calquera das escolas obxecto deste procedemento.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Baremo

No suposto previsto no artigo 3.1.c) 4º e 3.2.b) aplicaranse os criterios establecidos no seguinte baremo:

• Situación sociofamiliar.

1. Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos.

2. Por cada persoa que non formando parte da unidade familiar estea ao cargo desta: 1 punto.

3. No caso de que o/a neno/a para o que se solicita a praza nacera nun parto múltiple: 1 punto.

4. Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade ou enfermidade que requira internamento periódico: 2 puntos.

5. Pola condición de familia monoparental: 3 puntos.

6. Pola condición de familia numerosa: 3 puntos.

7. Cando a persoa solicitante sexa deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo, ou teña a condición de adestradora, técnica, xuíz/a ou árbitro/a de alto nivel deportivo recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia: 1 punto.

8. Outras circunstancias familiares debidamente acreditadas: 3 puntos.

• Situación laboral familiar.

Criterios sobre a situación laboral e familiar:

a) Situación laboral de ocupación:

– Proxenitor 1: 8 puntos.

– Proxenitor 2: 8 puntos.

Asimilarase á situación laboral de ocupación a incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.

b) Situación laboral de ocupación do proxenitor 1 e do proxenitor 2, ou do proxenitor 1 no caso de familia monoparental: 17 puntos.

c) Situación laboral de desemprego (1):

– Proxenitor 1: 2 puntos.

– Proxenitor 2: 2 puntos.

d) Persoas que desenvolvan e perciban o tramo de inserción (Risga):

– Proxenitor 1: 3 puntos.

– Proxenitor 2: 3 puntos.

(1) Sobre a situación laboral de desemprego, valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior ao da publicación desta resolución.

No caso de familias monoparentais, adxudicaráselles a puntuación da epígrafe correspondente computando por dous, agás no caso da situación laboral de ocupación, que se outorgará a puntuación establecida na súa epígrafe.

Só se poderá obter puntuación por unha das epígrafes anteriores.

• Situación económica.

Renda per cápita (RPC) mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente (calculada de acordo co establecido no artigo 7 desta resolución):

– Inferior ao 30 % do IPREM: +4 puntos.

– Do 30 % ou superior e inferior ao 50 % do IPREM: +3 puntos.

– Do 50 % ou superior e inferior ao 75 % do IPREM: +2 puntos.

– Do 75 % ou superior e inferior ao 100 % do IPREM: +1 punto.

– Do 100 % ou superior e inferior ao 125 % do IPREM: -1 punto.

– Do 125 % ou superior e inferior ao 150 % do IPREM: 2 puntos.

– Entre o 150 % e o 200 % do IPREM: -3 puntos.

– Superior ao 200 % do IPREM: -4 puntos.

En caso de obter igual puntuación, terán preferencia en primeiro lugar as solicitudes coa renda per cápita máis baixa e, despois, as de xornada completa con servizo de comedor sobre as solicitudes de media xornada.

Para os efectos desta resolución están a cargo da unidade familiar as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

missing image file

ANEXO VI

Relación de escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Enderezos para a tramitación do procedemento e horario ofertado para o curso escolar 2026/27

Escola

Enderezo

Teléfono

Horario ofertado

Curso 2026/27

A Coruña-A Sardiñeira

Avda. da Sardiñeira, nº 40-15008 A Coruña (A Coruña)

881 065 534

7.30-18.00

A Coruña-Monte Alto

Rolda de Monte Alto, nº 31-15002 A Coruña (A Coruña)

981 108 184

7.30-18.00

A Coruña-Parque Eirís

Rúa Javier López López, nº 12, Parque Eirís-15009 A Coruña (A Coruña)

981 100 576

7.30-18.00

A Estrada

Avda. Benito Vigo-nacional 640-plan parcial A Baiuca-36680 A Estrada (Pontevedra)

986 677 920

7.30-17.00

A Fonsagrada

Rúa Enrique Saavedra s/n-27100 A Fonsagrada (Lugo)

982 340 315

9.00-17.00

A Illa de Arousa

Travesía do Pombal, nº 8-36626 A Illa de Arousa (Pontevedra)

986 551 545

7.30-17.00

A Guarda

Rúa Puerto Rico, 5-36780 A Guarda (Pontevedra)

986 610 744

7.30-18.00

A Laracha

Rúa río Anllóns, nº 11-15145 A Laracha (A Coruña)

881 926 896

7.30-17.00

A Merca

Lugar da Manchica, s/n-32830 A Merca (Ourense)

988 032 182

7.30-16.30

A Pobra de Trives

Rúa dos Trinta, nº 4-32780 A Pobra de Trives (Ourense)

988 331 018

8.00-17.30

A Rúa

Avda. de Vilela, s/n-32350 A Rúa (Ourense)

988 310 840

7.30-17.00

Alfoz

Lugar da Veiga, Carballido-27776 Alfoz (Lugo)

982 571 221

8.30-16.30

Allariz

Rúa Hospital, nº 27-32660 Allariz (Ourense)

988 440 219

7.30-18.00

Ames-Bertamiráns

Rúa do Muíño, s/n, Bertamiráns-15220 Ames (A Coruña)

981 883 581

7.30-18.00

Ames-Figueiras

Rúa de Figueiras, s/n-15895 Milladoiro Ames (A Coruña)

981 533 930

7.30-18.00

Antas de Ulla

Rúa Miguel Anxo Blanco, s/n-27570 Antas de Ulla (Lugo)

982 379 596

8.00-16.30

Ares

Urbanización A Granxa, s/n-15624 Ares (A Coruña)

981 448 679

7.30-17.00

Arteixo-Pastoriza

Rúa Lagartos s/n-Pastoriza-15140 Arteixo (A Coruña)

981 110 110

7.30-17.00

Arteixo-Río Tambre

Rúa río Tambre, s/n-15142 Arteixo (A Coruña)

881 018 954

7.30-17.00

Arzúa

Rúa Consuelo Agra, s/n-15189 Arzúa (A Coruña)

981 500 414

8.00-18.00

As Neves

Rúa Laredo, baixo-36440 As Neves (Pontevedra)

986 648 427

8.00-17.00

Baiona

Rúa Arquitecto Palacios, nº 4-36300 Baiona (Pontevedra)

986 358 478

7.30-17.00

Bande

Rúa Xaquín Lorenzo, s/n-32840 Bande (Ourense)

988 443 651

9.00-16.00

Barro

Lugar de Outeiro, nº 5, B, Perdecanai-36194 Barro (Pontevedra)

986 711 752

7.30-17.00

Betanzos

Avda. Fraga Iribarne, s/n-15300 Betanzos (A Coruña)

645 258 628

7.30-18.00

Boiro

Praia Xardín, s/n-15930 Boiro (A Coruña)

981 849 817

7.30-18.00

Boiro-O Saltiño

Rúa Saltiño, 2-4-Abanqueiro-5930 Boiro (A Coruña)

981 842 947

7.30-18.00

Bueu

Lugar de Balada, s/n-36930 Bueu (Pontevedra)

986 192 181

7.30-17.00

Burela

Rúa dos Torques, s/n-27880 Burela (Lugo)

982 581 228

7.30-17.00

Burela-Os Castros

Avda. da Mariña, nº 24-27880 Burela (Lugo)

982 581 671

8.00-17.00

Camariñas

Avda. Eugenio López, s/n-15123 Camariñas (A Coruña)

981 736 104

7.30-17.00

Cambre-A Barcala

Rúa río Sil, Urb. A Barcala, s/n-15660 Cambre (A Coruña)

981 650 398

7.30-17.30

Cambre-O Temple

Rúa de Francisco Añón, O Temple-15679 Cambre (A Coruña)

981 650 445

7.30-17.30

Campo Lameiro

Rúa Chanciña, s/n-36110 Campo Lameiro (Pontevedra)

986 752 305

8.00-17.00

Cangas-A Choupana

Rúa Choupana, nº 11-36940 Cangas (Pontevedra)

986 304 625

7.30-17.00

Cangas-O Hío

Lugar de Cruz de Castro, nº 2, O Hío-36945 Cangas (Pontevedra)

986 328 285

7.30-17.00

Carballo-A Braña

Rúa Xoana de Vega, s/n-15100 Carballo (A Coruña)

981 755 188

7.30-20.00

Carballo-As Landras

Estrada de Razo, s/n-15100 Carballo (A Coruña)

981 755 912

7.30-17.00

Carnota

Lugar de Pedrafigueira, Lamas de Castelo-15293 Carnota (A Coruña)

981 867 502

8.00-17.00

Carral

Rúa Alcalde Juan Seijas s/n-15175 Carral (A Coruña)

981 671 574

8.00-17.00

Castro Caldelas

Lugar do Toural s/n-32769 Castro Caldelas (Ourense)

988 203 644

8.30-16.30

Cedeira

Rúa da Ortigueira, nº 3-15350 Cedeira (A Coruña)

981 480 666

8.00-17.00

Cerdedo-Cotobade «Cerdedo»

Rúa das Longas, s/n-36130 Cerdedo (Pontevedra)

986 753 476

7.30-17.00

Cerdedo-Cotobade Tenorio

Lugar de Lérez, s/n, Tenorio-36120 Cotobade (Pontevedra)

986 764 339

7.30-17.00

Chantada

Parque Eloísa Rivadulla, s/n-27500, Chantada (Lugo)

982 440 544

8.00-17.00

Coirós

Rúa de Figueiras, s/n, Lesa-15316 Coirós (A Coruña)

981 796 653

8.00-16.00

Coles

Lugar de Gustei s/n-32950 Coles (Ourense)

988 204 466

8.30-17.00

Coristanco

Rúa Esfarrapa, s/n-15147 Coristanco (A Coruña)

981 734 026

7.30-18.30

Covelo

Travesía de Vigo, nº 7-36872 Covelo (Pontevedra)

986 650 120

7.30-16.00

Crecente

Rúa García Neira,11-36420 Crecente (Pontevedra)

986 666 493

8.00-16.00

Culleredo-A Tartaruga

Rúa As Brañas, bloque 4, baixo-15189 Culleredo (A Coruña)

981 666 666

7.30-17.00

Culleredo-Fonte da Balsa

Rúa dos Dereitos Humanos, s/n, Vilaboa-15189 Culleredo (A Coruña)

981 612 113

7.30-17.00

Culleredo-O Burgo

Rúa Pintor Julio Fernández Argüelles, nº 2, O Burgo-15670 Culleredo (A Coruña)

981 661 283

7.30-17.00

Curtis

Rúa de Avelar, Teixeiro-15310 Curtis (A Coruña)

981 785 133

7.30-17.00

Dodro

Lugar de Vigo, nº 138-15981 Dodro (A Coruña)

981 802 539

8.00-17.00

Fene

Lugar da Torre, s/n, Perlío-15550 Fene (A Coruña)

981 344 573

7.30-17.00

Fene-Barallobre

Lugar do Carril, Barallobre-15528 Fene (A Coruña)

981 360 180

7.30-17.00

Ferrol-Caranza

Rúa da Masaya, s/n-15406 Ferrol (A Coruña)

981 944 281

7.30-17.00

Ferrol-Esteiro

Rúa Ramón y Cajal, s/n Esteiro-15406 Ferrol (A Coruña)

881 952 282

7.30-17.00

Fisterra

Rúa Alcalde Fernández, s/n-15155 Fisterra (A Coruña)

981 118 010

8.00-17.00

Forcarei

Rúa Maleitas nº 7-36550 Forcarei (Pontevedra)

986 754 615

8.00-16.30

Foz

Avda. de Cervantes, nº 38-27780 Foz (Lugo)

982 133 158

8.00-17.00

Gondomar

Rúa Ameixeira, Polígono 18, O Picoto-36380 Gondomar (Pontevedra)

986 389 535

8.00-16.30

Lalín-As Pontiñas

Rúa do Parque, nº 12-36500 Lalín (Pontevedra)

986 781 853

8.00-18.30

Lalín-Polígono 2000

Polígono empresarial Lalín 2000, Parcela E, Rúa E-36500 Lalín (Pontevedra)

986 794 227

7.30-18.00

Lugo

Avda. Paulo Favio Máximo s/n-27003 Lugo (Lugo)

982 109 038

7.30-18.00

Malpica-Aldeola

Lugar de Cortes, s/n-15113 Malpica de Bergantiños (A Coruña)

981 721 269

8.00-17.00

Marín

Barriada de San Pedro, s/n-36900 Marín (Pontevedra)

886 095 768

7.30-17.00

Marín-Seixo

Estrada Grupo Escolar, Seixo-36913 Marín (Pontevedra)

986 702 935

7.30-17.00

Mazaricos

Lugar da Picota, s/n-15256 Mazaricos (A Coruña)

981 852 033

9.00-17.00

Meira

Francisco González, s/n-27240 Meira (Lugo)

982 330 608

8.00-17.30

Melide-As Granxas

Rúa María Barbeito, lugar de Real, s/n-15800 Melide (A Coruña)

981 507 919

8.00-17.00

Moaña

Camiño da Area nº 2, Quintela-36959 Moaña (Pontevedra)

986 315 155

8.00-17.00

Mondoñedo

Rúa de Vilalba, s/n-27740 Mondoñedo (Lugo)

982 521 450

8.00-17.00

Moraña

Rúa 17, nº 2, Santa Lucía-36660 Moraña (Pontevedra)

986 553 413

8.00-17.00

Mos-Coto Torrón

Lugar de Coto Torrón, s/n, Tameiga-36415 Mos (Pontevedra)

986 190 998

7.30-18.00

Mos-Porteliña

Lugar da Porteliña, s/n, Petelos-36416 Mos (Pontevedra)

986 337 184

7.30-18.00

Mos-Veigadaña

Parque empresarial de Mos A Veigadaña-36415 Mos (Pontevedra)

986 919 055

7.30-18.00

Muíños

Rúa Laxal, s/n, Mugueimes-32880 Muíños (Ourense)

988 456 402

9.00-16.00

Muros-Freixeiros

Rúa Freixeiros, nº 13-Esteiro, 15240 Muros (A Coruña)

981 763 789

8.00-17.00

Muxía

Rúa Castelao, nº 13-15124 Muxía (A Coruña)

981 742 313

8.00-16.00

Narón-Xuvia

Rúa da Cerámica, s/n, Santa Rita, Xuvia-15570, Narón (A Coruña)

981 380 090

7.30-17.00

Nigrán

Rúa do Panasco, s/n-36350 Nigrán (Pontevedra)

986 380 424

8.00-17.30

Nogueira de Ramuín

Rúa Circunvalación, nº 57, Luíntra-32160 Nogueira de Ramuín (Ourense)

988 201 618

8.30-17.00

O Carballiño

Rúa Calvo Sotelo, nº 27-32500 O Carballiño (Ourense)

988 274 208

7.30-17.30

O Grove

Rúa Rons, s/n-36980 O Grove (Pontevedra)

986 732 270

8.00-17.00

O Pereiro de Aguiar

Urb. Veiga de Abaixo, nº 66, Sta. Marta de Moreiras-32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense)

988 380 258

7.30-17.00

O Pino

Rúa Forcarei, s/n, Pedrouzo, Arca-15821 O Pino (A Coruña)

981 511 012

8.00-18.00

O Porriño-Doantes de Sangue

Rúa Doantes de sangue, s/n-36400 O Porriño (Pontevedra)

986 334 101

7.30-17.00

O Porriño-Torneiros

Polígono de Torneiros-Fase 3, Ribeira-36410 O Porriño (Pontevedra)

986 344 160

7.30-17.00

O Rosal

Rúa Pías, s/n-36770 O Rosal (Pontevedra)

986 625 121

8.00-17.00

O Valadouro

Rúa Deputación, nº 7-27770 Ferreira do Valadouro (Lugo)

982 574 390

8.00-17.00

Oia

Lugar da Riña, s/n-36794 Oia (Pontevedra)

986 362 326

8.00-17.00

Oímbra

Rúa Grupo Escolar, nº 16-32613 Oímbra, Ourense

988 422 749

8.00-16.00

Oleiros-A Canteira

Rúa Cubelos, nº 24, Perillo-15172 Oleiros (A Coruña)

981 977 921

7.30-17.30

Oleiros-A Pardela

Urb. Os Regos, Liáns-15173 Oleiros (A Coruña)

981 631 788

7.30-17.30

Oleiros-As Galeras

Rúa Antonio J. Sucre, nº 24, Liáns-15179 Oleiros (A Coruña)

981 648 446

7.30-17.30

Oleiros-Mera

Paseo da Lagoa, Mera-15178 Oleiros (A Coruña)

981 617 505

7.30-17.00

Oroso

Avda. da Garabanxa, s/n, Sigüeiro-15888, Oroso (A Coruña)

981 688 909

8.00-17.00

Ortigueira

Rúa Márquez Cortiñas, nº 21-15330 Ortigueira (A Coruña)

981 422 517

8.00-17.00

Ourense-Barrocás

Rúa Barrocás, nº 22-32005 Ourense (Ourense)

988 241 829

7.30-18.00

Ourense-Rúa Colón

Rúa Colón, nº 18-20-32005 Ourense (Ourense)

988 236 426

7.30-18.00

Ourense (Centro Interxeracional)

Rúa Ramón Abellas s/n-32005 Ourense (Ourense)

988 063 037

7.30-18.00

Oza-Cesuras

Lugar de Mongoño-Cortiñas, 15931, Oza-Cesuras (A Coruña)

981 785 626

8.00-17.00

Paderne de Allariz

Rioseco s/n. Parcela 1618 do polígono 22-36111 Paderne de Allariz (Ourense)

988 293 307

8.00-17.00

Pantón

Lugar do Monte Valiña-27430 Pantón (Lugo)

982 456 511

8.00-16.00

Poio

Rúa Oliveira, nº 16-36995 Poio (Pontevedra)

986 872 733

7.30-18.00

Ponte Caldelas

Rúa Frei Antonio Orge, s/n-36820 Ponte Caldelas (Pontevedra)

986 750 806

8.00-17.00

Ponteceso

Avda. de Bergantiños, s/n-15110 Ponteceso (A Coruña)

981 714 199

8.00-17.00

Pontevedra-A Parda

Rúa Domingo Sarmiento de Acuña, nº 4-36004 Pontevedra (Pontevedra)

697 142 334

7.30-18.00

Pontevedra-Campus

Campus Universitario da Xunqueira-36004 Pontevedra (Pontevedra)

986 802 070

7.30-18.00

Pontevedra-Monteporreiro

Rúa Luxemburgo, s/n, Monteporreiro-36005 Pontevedra (Pontevedra)

986 090 801

7.30-20.00

Portas

Lugar da Estación, nº 34-36658 Portas (Pontevedra)

986 686 416

8.00-17.00

Porto do Son

Rúa Campo da Atalaia, nº 7-15970 Porto do Son (A Coruña)

664 037 154

8.00-17.00

Quiroga

Praza de España, s/n-27320 Quiroga (Lugo)

982 438 924

8.00-16.30

Rianxo

Rúa Xosé Mª Brea Segade, nº 7, Urb. Martela-15920 Rianxo (A Coruña)

981 860 695

8.00-18.00

Ribadavia

Rúa Carlos Casares, nº 5-32400 Ribadavia (Ourense)

988 472 402

8.00-17.00

Rois

Lugar de Dices, s/n-15911 Rois (A Coruña)

981 804 488

8.00-17.00

Sada

Lugar de Quintán, Mondego-15160 Sada (A Coruña)

981 624 001

7.30-17.00

Salceda de Caselas

Rúa Ador, nº 6-36407 Salceda de Caselas (Pontevedra)

986 340 833

7.30-17.00

Salvaterra de Miño

Rúa Lagoa, s/n 36450-Salvaterra do Miño (Pontevedra)

986 664 112

7.30-17.00

Santiago de Compostela-Castiñeiriño

Rúa Ángel Rodríguez González 44-15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 119 098

8.00-18.00

Santiago de Compostela-Polígono do Tambre

Rúa das Mulas, s/n, polígono do Tambre-15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 528 705

8.00-18.00

Santiago de Compostela-San Roque

Rúa das Rodas, s/n-15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 528 704

8.00-18.00

Santiago de Compostela-Tras Parlamento

Praza da Constitución, s/n-15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

981 528 706

8.00-18.00

Silleda

Rúa Estación, s/n-36540 Silleda (Pontevedra)

986 581 701

7.30-18.30

Sobrado

Rúa de Santiago, nº 37-15813 Sobrado dos Monxes (A Coruña)

663 790 025

8.30-16.30

Soutomaior

Rúa Forneira, 34, Arcade-36691 Soutomaior (Pontevedra)

986 701 108

7.30-17.00

Taboada

Rúa do Conde, s/n-27550 Taboada (Lugo)

982 465 801

8.00-18.00

Toén

Rúa Ribadela, s/n-32930 Toén (Ourense)

988 261 254

7.30-17.00

Tomiño

Rúa Gondomar, nº 48-36740 Tomiño (Pontevedra)

986 622 887

7.30-17.00

Tomiño-Goián

Lugar A Calle, Goián-36750,Tomiño (Pontevedra)

986 620 385

7.30-17.00

Tui

Rúa Colón s/n-36700 Tui (Pontevedra)

986 607 149

7.30-18.00

Viana do Bolo

Rúa Nicolás Tenorio, nº 5-32550 Viana do Bolo (Ourense)

988 329 402

8.00-16.00

Vigo-Rúa Palencia

Rúa Palencia, nº 32-36202 Vigo (Pontevedra)

986 267 794

7.30-17.30

Vigo-Valadares

Parque Tecnolóxico de Valadares, Parcela 16 A-36158 Vigo (Pontevedra)

886 092 307

7.30-17.30

Vila de Cruces

Avda. da Residencia, s/n-36590 Vila de Cruces (Pontevedra)

986 582 327

8.00-17.30

Vilaboa

Lugar do Toural s/n-36141 Vilaboa (Pontevedra)

986 090 149

7.30-17.00

Vilagarcía de Arousa- Carril

Rúa dos Anxos, s/n-O Carril, 36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

986 503 122

7.30-17.00

Vilagarcía de Arousa-Vilaxoán

Rúa Miramar, 19-21, Vilaxoán-36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

986 918 813

7.30-18.00

Vilalba

Rúa de Abadín, s/n-27800 Vilalba (Lugo)

982 512 864

8.00-19.00

Vilamarín

Avda. de Santiago Apóstol, nº 7-32101 Vilamarín (Ourense)

988 286 214

8.00-16.00

Vilamartín de Valdeorras

Estrada de novo acceso a Valdegodos, s/n-32340 Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

988 300 324

8.30-16.30

Xinzo de Limia

Camiño Rosalía de Castro, s/n-32630 Xinzo de Limia (Ourense)

988 461 049

8.00-19.00

Xunqueira de Ambía

Rúa Duque de Ahumada, nº 11-32670 Xunqueira de Ambía (Ourense)

988 436 374

9.00-16.00

Zas

Travesía de Santiago, nº 38-15850 Zas (A Coruña)

981 751 451

8.00-17.00

*Os horarios ofertados para o curso escolar 2026/27 teñen carácter orientativo, pode solicitarse un horario distinto ao establecido, en función das necesidades das persoas usuarias, con independencia da súa posible modificación, de conformidade co previsto no artigo 4 desta resolución e no artigo 25 do Regulamento do réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.