DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18380

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2026 pola que se declara vacante a praza de persoal directivo de xerente, anunciada pola Resolución do 23 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 252, do 31 de decembro).

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2025 (DOG núm. 252, do 31 decembro), da presidenta do Padroado da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Cesga), anunciouse a convocatoria pública para a provisión da praza de xerente, polo sistema de concurso de méritos, en réxime de persoal laboral de alta dirección, para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.

Realizado o correspondente proceso selectivo, a persoa proposta polo tribunal presentou, en tempo e forma, a súa renuncia ao nomeamento e contratación para ocupar a praza de xerente da Fundación Cesga.

De acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria, a competencia para resolver este proceso selectivo correspóndelle á persoa titular da Presidencia da Fundación Cesga.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar vacante, por renuncia da persoa proposta polo tribunal, a praza de persoal directivo xerente da Fundación Cesga, convocada pola Resolución do 23 de decembro de 2025.

Segundo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Presidenta do Padroado da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia