DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 16 de marzo de 2026 Páx. 18379

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación dunha parcela industrial na rúa Sentín 17, en Rubiáns.

Mediante Resolución desta alcaldía, do 2 de febreiro de 2026, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para a ordenación da parcela industrial na rúa Sentín núm. 17, en Rubiáns, que se vai desenvolver na parcela con referencia catastral 1348623NH2114N0001WQ, promovido por Aurelio Silva Abalo e redactado polo arquitecto Manuel Rodríguez Fontán, asinado dixitalmente o 31.12.2018.

Conforme o establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o estudo estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (https://sede.vilagarcia.gal).

Vilagarcía de Arousa, 9 de febreiro de 2026

Alberto Varela Paz
Alcalde