Tras ser aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2026 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,
RESOLVO:
Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos das persoas participantes
1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
2. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude, así como dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes principiará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de marzo de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para realizar o proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na sua área de matrícula todos os campos e marcar o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas. Así mesmo, remitiranlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53, 981 54 63 35 e 881 99 70 44 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para tramitar o procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e deberán achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Quinta. Criterios de selección
1. Os criterios de selección que se empregarán son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG número 96, do 23 de maio), con corrección de erros no DOG número 130, do 10 de xullo, e no DOG número 148, do 4 de agosto, sen prexuízo dos criterios específicos establecidos no epígrafe de persoal destinatario de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo o que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG número 58, do 25 de marzo). Para o ano 2026, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro (DOG número 16, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra M.
2. No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas
1. Os cambios ou as substitucións na selección:
En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.
b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
– Por razóns de conciliación familiar.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:
3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1) Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días, contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado a partir do día da finalización desta actividade.
3.2) Seguimento das actividades de teleformación:
As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:
a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1, letra c), e superar unha proba de avaliación, que se realizará ao final de cada actividade.
b) Para as actividades de teleformación:
– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.
– A superación dunha proba de avaliación final en liña.
No inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.
Novena. Certificado de aproveitamento
Para acadar o certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba.
Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.
Décima. Facultades da EGAP
1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.
5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
|
Código |
Denominación |
Persoal destinatario |
Horas |
Prazas |
Modalidade/localidade |
Data de inicio |
Data de fin |
Data e hora do exame final |
|
Coñecementos transversais |
||||||||
|
FX26027 |
Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
2.6.2026 |
28.6.2026 |
2.7.2026 18.00 horas |

20.10.2026 |
15.11.2026 |
19.11.2026 17.30 horas |
|
FX26028 |
Os medios á disposición da Administración de xustiza en Galicia |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
21.5.2026 |
21.6.2026 |
26.6.2026 16.30 horas |

26.10.2026 |
20.11.2026 |
25.11.2026 16.30 horas |
|
FX26029 |
A instrución polo Ministerio Fiscal e axuizamento no proceso penal dos menores |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
2.11.2026 |
25.11.2026 |
30.11.2026 17.00 horas |
|
FX26030 |
Os medios axeitados de solución de controversias |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
29.5.2026 |
15.6.2026 |
19.6.2026 16.30 horas |
|
FX26030 |
Os medios axeitados de solución de controversias |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
21.10.2026 |
16.11.2026 |
20.11.2026 17.00 horas |
|
FX26031 |
O Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Actualización tras a Lei orgánica 1/2025 |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
9.4.2026 |
6.5.2026 |
11.5.2026 17.00 horas |

25.11.2026 17.00 horas |
|
FX26032 |
Xustiza accesible e deseño universal |

20.5.2026 |
14.6.2026 |
18.6.2026 16,30 horas |
|
FX26032 |
Xustiza accesible e deseño universal |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
22.10.2026 |
18.11.2026 |
23.11.2026 17.00 horas |
|
Itinerarios formativos |
||||||||
|
FX26005 |
O dereito de familia: normativa, procedementos e tramitación procesual |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
26.5.2026 |
25.6.2026 |
1.7.2026 17.00 horas |
|
FX26005 |
O dereito de familia: normativa, procedementos e tramitación procesual |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
28.9.2026 |
28.10.2026 |
2.11.2026 17.30 horas |
|
FX26006 |
O novo Rexistro Civil. Evolución histórica. Situación actual. A nova aplicación DICIREG |

4.5.2026 |
29.5.2026 |
2.6.2026 17.30 horas |

1.10.2026 |
26.10.2026 |
30.10.2026 16.30 horas |
|
FX26007 |
Módulo I. Execución civil: disposicións xerais |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
1.6.2026 |
26.6.2026 |
1.7.2026 16.30 horas |
|
FX26008 |
Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
29.10.2026 |
23.11.2026 |
27.11.2026 18.00 horas |
|
FX26009 |
Módulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
27.4.2026 |
22.5.2026 |
26.5.2026 19.00 horas |
|
FX26010 |
Módulo IV. Xurisdición voluntaria |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
20 |
50 |
Teleformación |
8.6.2026 |
28.6.2026 |
2.7.2026 17.00 horas |
|
FX26011 |
Módulo V. As medidas de apoio xudicial ás persoas con discapacidade |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
13.4.2026 |
8.5.2026 |
13.5.2026 16.30 horas |

14.9.2026 |
8.10.2026 |
15.10.2026 17.00 horas |
|
FX26012 |
Módulo I. Lexislación social I |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
4.5.2026 |
28.5.2026 |
2.6.2026 16.30 horas |
|
FX26013 |
Módulo II. Lexislación social II: as modalidades procesuais na orde social |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
29.10.2026 |
23.11.2026 |
27.11.2026 19.00 horas |
|
FX26014 |
Módulo I. Contencioso I |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
28.9.2026 |
23.10.2026 |
27.10.2026 18.00 horas |
|
FX26015 |
A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
14.9.2026 |
14.10.2026 |
20.10.2026 18.00 horas |
|
FX26016 |
Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrución |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
20 |
50 |
Teleformación |
12.5.2026 |
1.6.2026 |
5.6.2026 17.30 horas |
|
FX26016 |
Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrución |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
20 |
50 |
Teleformación |
28.10.2026 |
19.11.2026 |
24.11.2026 16.30 horas |
|
FX26017 |
Módulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
15.10.2026 |
15.11.2026 |
20.11.2026 17.30 horas |
|
FX26018 |
Módulo III. As actividades dos órganos xurisdicionais na execución penal |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
15.9.2026 |
15.10.2026 |
20.10.2026 16.30 horas |
|
FX26019 |
Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrución |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativo e Auxilio Xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
29.10.2026 |
29.11.2026 |
3.12.2026 16.30 horas |
|
FX26020 |
As novas reformas lexislativas procesuais no ámbito civil. O Real decreto lei 6/2023 |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
18.5.2026 |
17.6.2026 |
22.6.2026 17.30 horas |
|
FX26020 |
As novas reformas lexislativas procesuais no ámbito civil. O Real decreto lei 6/2023 |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
22.10.2026 |
22.11.2026 |
26.11.2026 18.00 horas |
|
FX26021 |
As novidades lexislativas no ámbito procesual penal. Real decreto lei 6/2023. A Lei orgánica do dereito de defensa |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
4.5.2026 |
29.5.2026 |
3.6.2026 18.30 horas |
|
FX26021 |
As novidades lexislativas no ámbito procesual penal. Real decreto lei 6/2023. A Lei orgánica do dereito de defensa |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
19.10.2026 |
13.11.2026 |
18.11.2026 17.00 horas |
|
FX26022 |
O Ministerio Fiscal e a actividade extraprocesual no ámbito da investigación penal. Circular 2/2022, do 20 de decembro, da FXE |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
21.5.2026 |
21.6.2026 |
26.6.2026 17.30 horas |
|
FX26023 |
As distintas actuacións en lugares públicos: actos de comunicación e actos de execución |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
15 |
50 |
Teleformación |
13.4.2026 |
27.4.2026 |
30.4.2026 18.00 horas |
|
FX26024 |
Atención ás vítimas do delito e información á cidadanía |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
30 |
50 |
Teleformación |
1.9.2026 |
1.10.2026 |
6.10.2026 17.00 horas |
|
FX26025 |
Asistencia xurídica gratuíta |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
20 |
50 |
Teleformación |
15.4.2026 |
5.5.2026 |
11.5.2026 17.00 horas |
|
FX26026 |
A nova oficina xudicial. Estrutura e organización |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
27.4.2026 |
22.5.2026 |
27.5.2026 18.30 horas |
|
FX26026 |
A nova oficina xudicial. Estrutura e organización |
Persoal empregado público e membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. |
25 |
50 |
Teleformación |
15.10.2026 |
9.11.2026 |
13.11.2026 17.30 horas |
|
Medicina forense |
||||||||
|
FX26033 |
Valoración de dano corporal: exploración e actualización segundo a Lei 5/2025 |
Persoal médico forense do Imelga. |
12 |
30 |
Telepresenza |
4 de xuño das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas 5 de xuño das 9.30 ás 14.30 horas |
5.6.2026 14.00 horas |
|
|
FX26034 |
Cronotanatodiagnóstico: actualización |
Persoal médico forense do Imelga. |
12 |
30 |
Telepresenza |
14, 15 e 16 de outubro das 9.30 ás 13.30 horas |
16.10.2026 13.00 horas |
|
|
FX26035 |
Trauma psíquico II: análise de casos prácticos |
Persoal médico forense do Imelga. Persoal dos equipos psicosociais do Imelga. |
12 |
30 |
Presencial. Santiago de Compostela |
5 de novembro das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas 6 de novembro das 9.30 ás 14.30 horas |
6.11.2026 14.00 horas |
|
|
FX26036 |
Ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á medicina legal |
Persoal médico forense do Imelga. Persoal dos equipos psicosociais do Imelga. |
12 |
30 |
Telepresenza |
19 de novembro das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas 20 de novembro das 9.30 ás 14.30 horas |
20.11.2026 14.00 horas |
|